Abrir o menú principal

José Luis Pensado

filólogo e lingüista galego

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

José Luis Pensado
Nacemento6 de marzo de 1924
 Negreira
Falecemento15 de decembro de 2000
 Salamanca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidad Central
Ocupaciónfilólogo e lingüista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Rematados os seus estudos secundarios, iniciou en Santiago de Compostela os de Filosofía e Letras durante os dous primeiros cursos comúns, para pasar logo á Universidade Central de Madrid, onde acabou os de Filoloxía Románica, na que tivo como profesor, entre outros, a Dámaso Alonso. Catro anos despois, en 1954, presentou a súa tese doutoral na mesma universidade.

Tres anos despois accedeu á cátedra da súa especialidade na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Oviedo, na que exerceu até 1963, ano no que accedeu á mesma cátedra na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Salamanca, na que exercería até o seu falecemento.

Era membro correspondente da Real Academia Galega[1] desde 1967 e académico de honra da mesma desde 1987;[2] co mesmo rango o era da Academia de la Llingua Asturiana desde 1982.

O labor investigadorEditar

A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado, coñecedor das dimensións e da importancia que tiña a obra do monxe beneditino galego Martín Sarmiento (1694-1772)para coñecer a historia da lingua galega (na súa maior parte inédita ou mal editada), emprendeu a tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse coa non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei Juan Sobreira Salgado (1746-1805), máis tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaron así accesíbeis de aí en adiante a estudosos e afeccionados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado español en xeral e galego en particular. Ese interese do prof. Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento galego, como o do bachiller Olea (1536) e algúns anónimos de comezos do século XIX.

Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da lingua galega: "Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I" (1976), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario por parte do bibliotecario Francisco Javier Rodríguez Gil, e que falecido este deixou a súa responsabilidade a Francisco María de la Iglesia, que o deu a coñecer en 1863. Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de Xoán Cuveiro Piñol (1876) e Marcial Valladares (1884), o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.

Publicacións (selección)Editar

 
Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetales, 1996.

Edicións críticasEditar

  • Miragres de Santiago. Madrid. CSIC. 1958.
  • Fragmentos de un Libro de Tristán galaico-portugués. Santiago de Compostela. Anexo XIV de Cuadernos de Estudios Gallegos. 1962.
  • Bachiller Olea, Vocábulos gallegos escuros: lo que quieren dezir. A Coruña. Real Academia Galega. 2003.
  • Tratado de Albeitaria. Santiago de Compostela. Centro Ramón Piñeiro, 2004, 415 páxs ISBN 84-453-3859-5

Edicións críticas de obras do P. SarmientoEditar

Unha relación maior pódese ver no artigo adicado a frei Martín Sarmiento.

  • Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca. Universidade de Salmanca. 1973, 620 páxs ISBN 64-600-5838-7
  • Viaje a Galicia, 1745. Pontevedra. El Museo de Pontevedra. 1975, 217 páxs ISBN 84-600-1878-4
  • La educación de la juventud. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. 1984, 168 páxs ISBN 84-505-0138-5
  • Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1986, 588 páxs ISBN 84-7481-374-3
  • Elementos etimológicos según el método de Euclides. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1998 ISBN 84-89748-50-0
  • Onomástico etimológico de la lengua gallega, 2 vols. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1998, 531 + 345 páxs ISBN 84-89748-51-9

Sarmiento e SobreiraEditar

Edicións de obras do P. SobreiraEditar

 
Papeletas de un diccionario gallego, 1979.
  • Papeletas de un diccionario gallego. Tono I. Texto. Ourense. Intituto de Estudios Orensanos "Padre Feijoo". 1979, 517 páxs ISBN 84-600-1469-X

Estudos de lexicografía galegaEditar

  • Estudios etimológicos galaico-portugueses. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1965, 94 páxs.
  • Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. I. El diccionario gallego-castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1976, 413 páxs ISBN 84-600-0715-4

Estudos de filoloxía galegaEditar

  • Interferencias estructurales castellano-gallegas: el problema de la geada y sus causas, in Revista de Filología Española, Madrid, t. 53, fasc. 1-4, 1970, páxs. 27-44.
  • en colaboración con Carmen Pensado Ruiz, Gueada y geada gallegas, Anexo 21 da revista Verba, Santiago de Compostela, 1983, 130 páxs.

Estudos de lexicografía astur-leonesaEditar

  • Estudios de lexicografía asturiana, I e II, in rev. Archivum, Oviedo, X (1960), páxs. 53-120 e XI(1961), páxs. 17-64.
  • Adiciones al léxico asturiano, in rev. Archivum, Oviedo, XIII (1963), páxs. 67-78.
  • Contribución al estudio del léxico leonés, in Philologica Hispaniensia in Honorem M. Alvar, t. I. Madrid. Gredos, páxs. 523-529.

Filoloxía astur-leonesaEditar

  • Textos asturianos diociochescos, I, in Lletres Asturianes, Oviedo, 21, páxs. 83-107.
  • Textos asturianos diociochescos, II, in Lletres Asturianes, Oviedo, 22, páxs. 83-88.
  • Estudios asturianos. Oviedo. Academia de la Llingua Asturiana. 1999, 413 páxs ISBN 84-8168-180-6

VariaEditar

  • El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia 1985. ISBN 84-85287-41-X
  • Galicia en su lengua y sus gentes: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia. 1991 ISBN 84-85287-86-X

NotasEditar

Véxase taménEditar