Francisco Javier Rodríguez Gil

filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno

Francisco Javier Rodríguez Gil, nado en Bermés (Lalín) o 17 de abril de 1797 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 1857, foi un filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno.

Modelo:BiografíaFrancisco Javier Rodríguez Gil
Biografía
Nacemento17 de abril de 1797 Editar o valor en Wikidata
Bermés, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 1857 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesXosé Rodríguez González Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Diccionario Gallego-Castellano (PDF).

Sobriño de Xosé Rodríguez González (coñecido como Matemático Rodríguez), naceu en Bermés en 1797. Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado sacerdote conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, Xosé Rodríguez González, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e tamén rexentou algún tempo a biblioteca da Universidade.

O dicionario galego castelán

editar

Dedicouse a recompilar un vocabulario galego, seguindo de cerca ao Padre Sarmiento e publicou varias entregas na revista Galicia. Revista Universal de este Reino, editada na Coruña polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morreu, Antonio de la Iglesia recompilou as súas notas e publicounas en 1863.

Este primeiro dicionario galego, que conta con 3.834 entradas[1], aínda que só 2.184[2] son da autoría de Francisco Javier Rodríguez, foi a base dos publicados despois por Cuveiro Piñol e Marcial Valladares.

  1. Antón Santamarina Los diccionarios gallegos y su versión electrónica en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, páxina 197
  2. No manuscrito orixinal hai ademais 1.256 entradas sen definición segundo Santamarina

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar