Manuel Freire Castrillón
José Manuel Freire Castrillón, nado en Santiago de Compostela en 1751 e finado cara a 1820, foi un comerciante, político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1751 Santiago de Compostela, España |
Morte | década de 1820 (68/78 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Traxectoria
editarComerciante en quincalla. Foi socio de Jacobo Pérez Villamarín na fábrica da Ponte Vella de Vidán, e en 1803 pasou a ser o único propietario da fábrica de curtidos. Cursou parte dos estudos na Facultade de Teoloxía. Liberal nun principio, transformouse en acérrimo defensor do absolutismo. Deputado da provincia de Mondoñedo nas Cortes de Cádiz. Foi un dos máis destacados xornalistas reaccionarios do período doceañista en Santiago de Compostela. Colaborou en El Sensato e fundou e dirixiu Estafeta de Santiago (1813-1814). Utilizou os pseudónimos Agustín Verísimo Vilabella, Reytengo e El estafetero. Despois foi nomeado por Fernando VII secretario da Inquisición galega e chegou a ser amoestado pola persecución sen piedade que levou a cabo contra os liberais. Foi procesado e recluído no convento de San Domingos de onde fuxiu en 1820. Morreu na emigración.
Obras
editar- Remedio y preservativo contra el mal francés de que adolece la nación española, 1809.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- La genealogía de don Manuel Freire de Castrillón
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.