Estafeta de Santiago
Estafeta de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1813 e 1814.
Estafeta de Santiago | |
---|---|
Fundación | 1813 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
ISSN | 2486-4315 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarPeriódico político de carácter absolutista e noticioso que apareceu o 21 de abril de 1813. Fundado, dirixido e redactado por Manuel Freire Castrillón. Tamén foron redactores os dominicos servís José de Bentín e Nicolás de Castro e Íñigo García Jiménez. Foi censurado en dúas ocasions. Periódico bisemanal (publicábase mércores e sábados), constaba de oito páxinas. Até o número 15 (de 9 de xuño de 1813) editábase na Imprenta de Los Dos Amigos (Freire Castrillón e Pedro Rey Romero); até o 1 de novembro dese ano (números 16-59) na de Ignacio Aguayo; e a partir do número 60 na súa propia Imprenta de La Estafeta.
Estruturado en seccións: artigos doutrinais, de opinión e comunicados, noticias de España, noticias do estranxeiro, Cortes, avisos, etc., e deu conta das festas e tradicións relixiosas. Utilizou a inxuria para atacar as ideas liberais, a Constitución e as Cortes, pedindo o seu peche, e foi defensor do credo católico, apostólico e romano, da infalibilidade da Igrexa, da Inquisición e dos privilexios e estruturas políticas absolutistas.
Publicou números extraordinarios, e cesou a súa edición o 2 de setembro de 1814, cando desapareceron os liberais galegos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 47. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas
editar- Estafeta de Santiago na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.