Juan Golpe

avogado, xornalista e político galego

Juan Golpe Varela, nado en Oza (Oza-Cesuras) e finado na mesma parroquia o 1 de novembro de 1935,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.

Juan Golpe
 Oza
Falecemento1 de novembro de 1935
 Oza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no pazo de Paio, segundo fillo de Manuel Golpe Núñez e Rita Varela de Sotomayor e irmán de Salvador Golpe. Avogado, foi concelleiro na Coruña arredor do ano 1890. Foi vocal do comité local da Asociación Regionalista. Xunto co seu irmán Salvador Golpe fundou en 1894 o xornal rexionalista Unión Gallega. Foi dirixente do movemento agrario Solidaridad Gallega (1906-1910) e animador do periódico La Defensa. En 1909 presentouse a deputado provincial como candidato agrario polo distrito de Betanzos-Pontedeume fronte ao conservador Ramón García Álvarez, pero non resultou elixido.[2] Exerceu como avogado na Coruña.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 2-11-1935, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 29-10-1909, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar