La Defensa (Betanzos)
La Defensa foi un periódico editado en Betanzos entre 1906 e 1910.
La Defensa | |
---|---|
Fundación | 1906 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Betanzos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano de las Asociaciones de Agricultores, apareceu o 5 de agosto de 1906. Fundado por Víctor Naveira Pato, dirixiuno Wenceslao Fernández Flórez ata xuño de 1907, e despois Antonio Carballo Tenorio. Entre os seus colaboradores estaban Ángel del Castillo, Benito Calderón, Xosé Fontenla Leal, Rof Codina, Manuel Vázquez Seijas, Pablo Pérez Costanti e Manuel Murguía. Era un semanario católico e tradicionalista que apoiou o agrarismo de Solidaridad Gallega e contou cos recursos económicos da familia Naveira. Incluíu artigos de carácter político, críticas ao xornal opositor La Aspiración, información sobre agricultura e gandería, e diversos folletíns como o Refraneiro agrícola-metereolóxico, de Salvador Golpe, e La arquitectura cristiana en Galicia, de Angel del Castillo. Tamén inseriu como folletín o Catecismo da doutrina labrega, de Marcos da Portela. Cesou a súa edición en 1910.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Defensa, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.
- Torres Regueiro, Xesús (1984). "A prensa betanceira (II): de "El Pueblo" a "La Defensa", 1900-1910" (PDF). Anuario Brigantino 7: 63–78.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.