Antón Dobao
Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego.
Antón Dobao | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de xullo de 1963 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, tradutor e cineasta |
Xéneros | Poesía, narrativa |
Estudos | Filoloxía galega |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información. Traballa como lingüista na TVG desde 1986. Membro do comité de redacción da revista A Trabe de Ouro.
Participou no ano 2003 no libro Xuro que nunca volverei pasar fame, editado polas Redes Escarlata, organización á que pertence. Tamén é un dos impulsores de ProLingua.
A súa actividade como cineasta desenvólvese principalmente arredor do proxecto Un mundo de historias.
Na actualidade fai parte da Coordinadora Nacional e da Comisión Permanente da organización Anova-Irmandade Nacionalista
Obra literaria editar
Poesía editar
- Desde o teito da noite, 1987, Xerais.
- Caderno dos dereitos e das horas, 1994, Deputación da Coruña.
- O tempo entre murallas, 1997, Xerais.
- Materia, 2005, Xerais.
- Onde o ollar comeza a doer, 2007.
Narrativa editar
Obras colectivas editar
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Traducións editar
- As aventuras de David Balfour de Robert Louis Stevenson, con Vicente Araguas, 1986, Xerais.
- A revolta dos animais de George Orwell, 1992, Positivas.
- As once mil vergas de Guillaume Apollinare, 1992, Positivas, col. Popular (tradución conxunta con Ana Castiñeira Real)[1]
- Mr. Vertigo de Paul Auster, 1996, Sotelo Blanco.
- Nove contos de J. D. Salinger, 1996, Sotelo Blanco.
- Se comes un limón sen facer xestos de Sergi Pàmies, 2008, Xerais.
Premios editar
- Accésit do Premio Miguel González Garcés no 1994, por Caderno dos dereitos e das horas.
Filmografía editar
Dentro do proxecto Un mundo de historias, dirixiu:
- A biblioteca da iguana, 2005.
- O bosque de Levas, 2006.
- A mariñeira, 2007.
- O club da calceta, 2008.
- Sinbad, 2011.
Como produtor:
- Pataghorobí, 2005.
Notas editar
- ↑ Ficha da obra Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BITRAGA.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Antón Dobao na Biblioteca Virtual Galega.
- Antón Dobao na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Filmografía en AVG
- Xustiza Poética, Blog de Antón Dobao
- República da Multitude, Blog de Antón Dobao (pechado)