Lydia Cacho

xornalista mexicana

Lydia Cacho Ribeiro, nada o 12 de abril de 1963 na Cidade de México, é unha xornalista mexicana, activista feminista e defensora dos dereitos humanos.[1]

Infotaula de personaLydia Cacho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , Activista polos dereitos humanos , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Twitter: lydiacachosi Editar o valor em Wikidata

En 2023 foi nomeada Escritora Galega Universal de 2023, unha distinción outorgada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Cacho, con raíces galegas, é recoñecida "desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra".[2]

Traxectoria editar

Así escribe en 1980 desde Galicia, terra de parte da súa familia: "Estou moi emocionada de coñecer a terra dos meus devanceiros, sinto que cando pisas un lugar novo todas as historias que che contaron vólvense máis reais e entón xa non ves o mundo da mesma forma ca antes (traducido do castelán)".[3]

Comezou a súa carreira na sección cultural do xornal, Novedades de Cancún, e uns anos despois comezou a publicar artigos sobre a prostitución de nenas arxentinas e cubanas na cidade de Cancún, que é un destino moi frecuente para estudantes americanos durante as vacacións de primavera. En 2003, no xornal Por Esto, escribiu artigos sobre abusos sexuais cometidos contra menores.

No seu libro, Los Demonios del Edén, denuncia a mafia pederasta en México, na que participan varias figuras públicas, incluído Jean Succar Kuri, filmado por unha cámara oculta.[4] Tamén acusa a Emilio Gamboa Patrón, Miguel Ángel Yunes e Kamel Nacif Borge de traballar para tratar de cubrir a Kuri. Nacif Borge demándaa por difamación. Mentres tanto, é arrestada e despois extraditada dun estado a outro sen ser acusada de ningún cargo. Finalmente será liberada despois do pago dunha multa.

O 14 de febreiro de 2006, varias conversas telefónicas entre Nacif Borge e o gobernador do estado de Puebla, Mario Marín, son publicadas por La Jornada, un diario da Cidade de México. Revelan conversas que tiveron lugar antes da detención de Lydia Cacho entre Marín e Nacif Borge nas que planifican a detención do xornalista, así como varias malleiras físicas que tería que sufrir no cárcere para silenciala.[5] A publicación destas conversas creou un gran rebumbio nos medios mexicanos e tamén o interese público. O 29 de novembro de 2007, o Tribunal Supremo mexicano, o máximo órgano xudicial do país, decide, por 6 votos contra 4, que Marín non podería ser responsábel da detención de Cacho nin da intimidación que sufriu.[6] [7]

Exiliouse en España en 2021, temendo pola súa vida en México.[8] Obtivo a nacionalidade española por carta de natureza.

Obras editar

Premios editar

  • 2002: Premio Estatal de Periodismo de Quintana Roo.
  • 2006: Premio "Francisco Ojeda" ó Valor Periodístico
  • 2006: Premio Nacional "Don Sergio Méndez Arceo" á Defensa dos Dereitos Humanos
  • 2006: Premio "Yo Dona" de España ao labor humanitario
  • 2006: Premio Estatal de Derechos Humanos de Quintana Roo.
  • 2007: Premio "Ginetta Sagan" de Amnistía Internacional.
  • 2007: Premio de la "Fundación Internacional de Mujeres en los Medios".
  • 2007: Premio Mundial "Valentía en el periodismo".
  • 2007: Human Rights Watch.
  • 2007: Oxfam.
  • 2007, CNN Héroe.
  • 2008: III Premio Casa Amèrica Catalunya á liberdade de expresión.
  • 2008: Premio da Unión de Periodistas de Valencia
  • 2008: Premio Mundial da Liberdade de Prensa Unesco - Guillermo Cano
  • 2011: Premio Olof Palme
  • 2011: The Train Foundation World Courage Award, Nova York.
  • 2013: Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humanos.
  • 2016: Premio ALBA/Puffin ao activismo en pro dos dereitos humanos
  • 2016: Premio Iberoamericano de Igualdad Cortes de Cádiz
  • 2017: The Dialogue, Distinguished Leadership Award for the Defense of Human Rights Journalist, Writer and Human Rights Activists, Washington DC
  • 2018: Premio Reporteros del Mundo (en lembranza de Julio Fuentes, asasinado en Afganistán, e de Julio Anguita Parrado, vítima da Guerra de Iraq) dentro dos XVII Premios Internacionais de Xornalismo de EL MUNDO.
  • 2019: Distinciones Diario 16 co galardón El premio a la Cultura por polo seu libro Ellos hablan.
  • 2021: Candidatada ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa.[9]

Notas editar

  1. Lydia Cacho Ribeiro Arquivado 14 de xullo de 2018 en Wayback Machine. biografía breve en Writers.Net
  2. Diario, Nós (2023-01-05). "A mexicana Lydia Cacho, nomeada pola AELG 'Escritora Galega Universal' de 2023". Nós Diario. Consultado o 2023-01-05. 
  3. "Lydia Cacho: denuncias de la peor cara del poder, nostalgias y exilios". El Español (en castelán). 2022-07-26. Consultado o 2023-01-05. 
  4. Lydia Cacho, en España[Ligazón morta] en El Semanal Digital(2006)
  5. Exige PRD renuncia a gobernador por caso Lidia Cacho Arquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine. en El Universal.
  6. Mexican Court Finds No Violation of Rights in Jailing of Journalist en o New York Times, 30 de novembro de 2007.
  7. L'épilogue judiciaire de l'"affaire Lydia Cacho" scandalise les Mexicains Arquivado 07 de decembro de 2007 en Wayback Machine., Le Monde, 5 de decembro de 2007
  8. "Mexique. Lydia Cacho, journaliste condamnée à l’exil". L'Humanité (en francés). 2021-01-21. Consultado o 2021-05-24. 
  9. "Xornalistas de longa traxectoria e activistas pola liberdade de prensa, nas candidaturas ao Premio Couso". Praza Pública. 2021-02-25. Consultado o 2021-03-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar