Abrir o menú principal

Lois Pérez Díaz, nado en Lugo en 1979, é un escritor e narrador oral galego.

Lois Pérez Díaz
Nacemento1979
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Deuse a coñecer como escritor ao obter en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, organizado polo programa Diario Cultural, coa obra Saltimbanqui. A obra foi posteriormente dirixida e adaptada para a escena por Quico Cadaval, e foi interpretada por Cadaval, Xan Cejudo e Xosé Manuel Olveira "Pico". Colaborou con diversas organizacións sociais e asistenciais, e ten traballado de maneira voluntaria e profesional para medios radiofónicos.

ObrasEditar

TeatroEditar

  • Saltimbanqui (2008, Xerais)

PoesíaEditar

  • LP (2013, Emerxente)
  • Long Play (2017, Xerais)