Lídia Jorge
Lidia Guerreiro Jorge, coñecida como Lídia Jorge, nada en Boliqueime (Algarve) o 18 de xuño de 1946, é unha escritora portuguesa.[1]
Nome orixinal | (pt) Lídia Guerreiro Jorge |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de xuño de 1946 (78 anos) Boliqueime, Portugal |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | lidiajorge.com |
Traxectoria
editarLicenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Lisboa e foi profesora de Ensino secundario, impartindo clase en Angola e Mozambique, durante o último período da Guerra colonial portuguesa.
A publicación da súa primeira novela O Dia dos Prodígios (1980) constituíu un acontecemento nun período no que se inauguraba unha nova etapa na Literatura Portuguesa. Pero foi con A Costa dos Murmúrios (1988)[2] libro que reflicte a experiencia colonial pasada en África, co que a autora confirmou o seu destacado lugar no panorama das letras portuguesas. Tras as novelas A Última Dona (1992) e O Jardim sem Limites (1995),[3] seguiu O Vale da Paixão (1998)[4] O tema da muller e da súa soidade é unha preocupación central da obra de Lídia Jorge.
Lídia Jorge publicou tamén dúas antoloxías de contos, Marido e Outros Contos (1997) e O Belo Adormecido (2003), ademais das publicacións independentes A Instrumentalina (1992) e O Conto do Nadador (1992).
As súas obras foron traducidas ao francés, inglés, alemán, esloveno, español etc, máis de vinte linguas.
A novela A Costa dos Murmúrios foi adaptada (2004) ao cinema por Margarida Cardoso.[5]
Colaboradora asidua do Jornal de Letras e do Público.
Obtivo o Premio Escritora Galega Universal concedido pola AELG no 2013.[6] En 2020 o Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.
Obras
editarNovelas:
- O Dia dos Prodígios (1980). Pub. Europa-América. 206 páxs. Adaptado ao teatro en 2010 por Cucha Cavalheiro.
- O Cais das Merendas (1982). Dom Quixote. 247 páxs. Narrativa poética, teatralizada.
- Notícia da Cidade Silvestre (1984). Dom Quixote. Temática da muller, ambientado en Lisboa.
- A Costa dos Murmúrios (1988). Dom Quixote. Obra central da autora, traducida a unha morea de idiomas.
- A Última Dona (1992). Dom Quixtote. Obra intimista de perspectiva feminista.
- O Jardim Sem Limites (1995). Dom Quixote. Novela urbana de Lisboa.
- O Vale da Paixão (1998). Dom Quixote. 241 páxs.
- O Vento Assobiando nas Gruas (2002). Dom Quixote, con 532 páxs. na versión orixinal. Ed. conmemorativa de Dom Quixote en 2012. Aborda a relación entre unha muller branca cun home africano e o seu comportamento perante unha sociedade de contrastes.[7]
- Combateremos a Sombra (2007). Dom Quixote. A historia dun psicanalista e o seu paciente.
- A Noite das Mulheres Cantoras (2011). Dom Quixote. Narrado en forma de monólogo 21 anos despois dos feitos.
- Os Memoráveis (2014). Dom Quixote. Recreación da Revolución de abril de 1974. Traducida ao fránces como Les Mémorables, 2015.
- Estuário (2018). Dom Quixote. 288 páxs.[8]
- Em todos os sentidos (2020). Dom Quixote. 264 páxs.
- Misericórdia (2022). Dom Quixote.
Relatos:
- A Instrumentalina (1992). Dom Quixote. "Um conto breve faz um sonho longo", dise no libro.
- O Conto do Nadador (1992). Dom Quixote.
- Marido e outros Contos (1997). Dom Quixote. Sete contos.
- O Belo Adormecido (2004). Dom Quixote. 241 páxs. Seis relatos sobre o desexo.
- Praça de Londres. Cinco contos situados (2008). Dom Quixote.
- O organista (2014). Dom Quixote. Fábula sobre a Creación do Universo e as relacións dos homes con Deus.
- O Amor em Lobito Bay (2016). Dom Quixote. Relatos nos que está presente o amor.
Literatura Infantil:
- O Grande Voo do Pardal ( 2007). Ilustrado por Inês de Oliveira. Dom Quixote. O amor, a compaixón, a liberdade, están presentes na historia.
- Romance do Grande Gatão ( 2010). Ilustrado por Danuta Wojciechowska. Dom Quixote. Aventuras dun gato irreverente.
- O Conto da Isabelinha - Lilibeth's Tale (2018). Dom Quixote. 32 páxs. En portugués e inglés.
Ensaio:
- Contrato Sentimental (2009). Sextante.
Teatro:
- A Maçon ( 1997). A vida de Adelaide Cabete, famosa masona de finais do século XIX. Foi levada a escena no Teatro Nacional Dona Maria II en 1997 por Carlos Avilez.
- Instruções para Voar (2016). Dom Quixote.[9]
Poesia
- O Livro das Tréguas (2019). Dom Quixote. Dividido en cinco partes: Com a Origem, com os Preceitos, com os Factos, com as Fábulas, com o Tempo.
Outros
editar- A literatura é o prolongamento da infância (2016). Guerra & Paz. Diálogos con José Jorge Leiria.
Premios
editar- 1981: Premio Malheiro Dias, Academia das Ciências de Lisboa
- 1982: Premio Literario Cidade de Lisboa por O Cais das Merendas
- 1984: Premio Literario Cidade de Lisboa por Notícia da Cidade Silvestre
- 1988: Premio D. Dinis, Fundação Casa de Mateus por O Vale da Paixão
- 1998: Premio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa por O Vale da Paixão
- 1998: Premio Máxima de Literatura por O Vale da Paixão
- 1998: Premio de Ficción do P.E.N. Clube Português por O Vale da Paixão
- 2000: Premio Jean Monet de Literatura Europea, Escritor Europeo do Ano
- 2002: Grande Prémio da Associação Portuguesa de Escritores por O Vento Assobiando nas Gruas
- 2002: Premio Correntes d’Escritas por O Vento Assobiando nas Gruas
- 2006: Albatroz, Premio Internacional de Literatura da Fundação Günter Grass polo conxunto da súa obra.
- 2007: Grande Prémio da Sociedade Portuguesa de Autores, Millenium BCP
- 2007: Premio Speciale Giuseppe Acerbi, Scrittura Femmenile
- 2008: Premio Michel Brisset, da Associação dos Psiquiatras Franceses
- 2011: Premio da Latinidade, João Neves da Fontoura, União Latina
- 2014: Prémio Luso-Espanhol de Arte e Cultura
- 2015: Premio Vergílio Ferreira
- 2015: Premio Urbano Tavares Rodrigues
- 2019: Grande Prémio de Literaura dst
- 2020: Premio FIL de literatura en linguas romances por A costa dos murmúrios.[10]
- 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[11]
- 2023: Premio Médicis de mellor livro estranxeiro, ex aequo com Han Kang, por Misericordia.[12]
- 2023: Premio Fernando Namora por Misericórdia[13]
Notas
editar- ↑ Escritores.org. "Jorge, Lidia". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ Cf. Antonio Maura, «La costa de los murmullos. Lídia Jorge» Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., ABC Literario, 10-6-1990. (en castelán)
- ↑ Cf. Mercedes Mommany, «Una casa frente al Tajo» Arquivado 24 de decembro de 2014 en Wayback Machine., ABC Cultural, 21-7-2001.
- ↑ Cf. íbidem.
- ↑ "A COSTA DOS MURMURIOS – Festival de Cine Africano" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 2020-04-05.
- ↑ "A Vizinha Amada, Lídia Jorge escreve sobre a Galiza". Jornal visao (en portugués). Consultado o 2019-09-12.
- ↑ "Lídia Jorge. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ Ferreira, João Eduardo (terça-feira, 4 de dezembro de 2018). "de Roma a Londres: Sobre o livro «Estuário» de Lídia Jorge. Dom Quixote, 2018". de Roma a Londres (en portugués). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ "Instruções para Voar, Lídia Jorge • Entre I Vistas". Entre I Vistas (en portugués). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ "Lídia Jorge gana Premio FIL de Literatura en Lenguas Romances 2020". www.milenio.com (en castelán). Consultado o 2020-08-28.
- ↑ "Premios Rosalía de Castro". 2020-12-11.
- ↑ Dias, Daniel (2023-11-09). "Lídia Jorge vence prémio Médicis ex aequo com Han Kang". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2023-11-09.
- ↑ "Escritora Lídia Jorge vence Prémio Literário Fernando Namora com o romance "Misericórdia"". Expresso (en portugués). 2023-11-08. Consultado o 2024-07-31.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gonçalves, Ilena Luís Candeias. Escritores Portugueses do Algarve. Edições Colibri, Lisboa, 2006.
Ligazóns externas
editar- Páxina persoal de Lídia Jorge Arquivado 23 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.