Maria Teresa Horta
Maria Teresa de Mascarenhas Horta Barros, nada en Lisboa, o 20 de maio de 1937 e finada o 4 de febreiro de 2025[1], foi unha escritora e xornalista portuguesa.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Maria Teresa de Mascarenhas Horta Barros ![]() 20 de maio de 1937 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Morte | 4 de febreiro de 2025 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Educación | Universidade de Lisboa - título de grao ![]() |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritora, poetisa ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Luís de Barros ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse na facultade de letras da Universidade de Lisboa e acabou dedicándose ao xornalismo. Participou no movemento feminista de Portugal xunto con Maria Isabel Barreno e Maria Velho da Costa (chamadas as Três Marias) en torno ás Novas Cartas Portuguesas (1972), obra en que se manifesta unha aberta oposición aos valores femininos tradicionais. Esta publicación claramente antifascista e altamente provocadora para o réxime, levou as súas tres autoras ante un tribunal (proceso con grande impacto internacional[2]), tendo o 25 de Abril interrompido as sancións a que estaban suxeitas as denominadas Tres Marias: Maria Velho da Costa, Maria Teresa Horta e Maria Isabel Barreno.[3] Tamén formou parte do grupo Poesia 61.
Publicou varios textos en xornais como Diário de Lisboa, A Capital, República, O Século, Diário de Notícias ou Xornal de Letras e Artes, e foi redactora xefe da revista Mulheres.
Premios e distincións
editar- Prémio D. Dinis 2011 da Fundação Casa de Mateus pola súa obra "As Luzes de Leonor"[4], aceptouno mais recusou recibilo das mans do Primeiro-Ministro Pedro Passos Coelho, alegando que estaba "a destruír o país"[5].
- Escitora Galega Universal pola AELG, 2019.[6]
Obra
editarPoesía
editar- Espelho Inicial (1960)
- Tatuagem (1961)
- Cidadelas Submersas (1961)
- Verão Coincidente (1962)
- Amor Habitado (1963)
- Candelabro (1964)
- Jardim de Inverno (1966)
- Cronista Não é Recado (1967)
- Minha Senhora de Mim (1971)
- Educação Sentimental (1975)
- As Mulheres de Abril (1976)
- Poesia Completa I e II (1960-1982) (1982)
- Os Anjos (1983)
- Minha Mãe, Meu Amor (1984)
- Rosa Sangrenta (1987)
- Antologia Poética (1994)
- Destino (1998)
- Só de Amor (1999)
- Antologia Pessoal - 100 Poemas (2003)
- Inquietude (2006)
- Les Sorcières - Feiticeiras, edición bilingüe (2006)
- Cem Poemas + 21 Inéditos (2007)
- Palavras Secretas (Antoloxía) (2007)
- Poemas do Brasil (2009)
- Poesia Reunida (1960-2006) (2009)
- As Palavras do Corpo (Antoloxía de poesía erótica) (2012)
- Poemas para Leonor (2012)
Prosa
editar- Ambas as Mãos sobre o Corpo (1970)
- Novas Cartas Portuguesas, con Maria Velho da Costa e Maria Isabel Barreno (1971)
- Ana (1974)
- O Transfer (1984)
- Ema (1984)
- A Paixão Segundo Constança H. (1994)
- A Mãe na Literatura Portuguesa (1999)
- As Luzes de Leonor (2011)
Notas
editar- ↑ Inês Moreira Santos (2025-02-04). "Morreu a escritora Maria Teresa Horta". Rádio e Televisão de Portugal (en portugués). Consultado o 2025-02-04.
- ↑ Diario, Nós. "A romancista Maria Velho da Costa ganha o Prémio da Vida da Associação Portuguesa de Escritores". Nós Diario. Consultado o 2020-04-05.
- ↑ "Maria Velho da Costa" (en portugués). 2018-12-01.
- ↑ "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "A AELG premia Pilar Pallarés, Dorothé Schubarth, Pablo Quintana e María Teresa Horta". Sermos Galiza. 9 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019.