Ana Luísa Amaral

Ana Luísa Amaral, nada en Lisboa o 5 de abril de 1956, é unha poetisa portuguesa, tradutora e profesora de Literatura e Cultura Inglesa e Americana na Facultade de Letras da Universidade do Porto.[1][2][3]

Ana Luísa Amaral
Ana Luísa Amaral at Göteborg Book Fair 2013 01.JPG
Nome completoAna Luísa Ribeiro Barata do Amaral
Nacemento5 de abril de 1956
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupacióntradutora, poeta, escritora e profesora universitaria
PremiosGrande Prémio de Poesia APE/CTT e Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Ana Luísa Amaral naceu en Lisboa o día 5 de abril de 1956 e vive, desde os nove anos, en Leça da Palmeira. Ten un doutoramento sobre a poesía de Emily Dickinson e as súas áreas de investigación son Poéticas Comparadas, Estudos Feministas e Estudos Queer. É Profesora Asociada da Facultade de Letras da Universidade do Porto, onde integra tamén a dirección do Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa. Ten publicacións académicas varias en Portugal e no estranxeiro.[4]

É autora, con Ana Gabriela Macedo, do Dicionario de Crítica Feminista (Porto: Afrontamento, 2005) e preparou a edición anotada de Novas Cartas Portuguesas (1972), de Maria Isabel Barreno, Maria Teresa Horta e Maria Vello da Costa (Lisboa: Don Quixote, 2010). Organizou, con Marinela Freitas, os libros Novas Cartas Portuguesas 40 Anos Despois (Don Quixote, 2014) e New Portuguese Letters cho the World (Peter Lang, 2015). Coordinou o proxecto internacional financiado pola FCT Novas Cartas Portuguesas 40 anos despois, que envolveu 13 equipos internacionais e máis de 15 países.[5]

Durante a década de 80 deslocouse puntualmente a Inglaterra. Viviu nos Estados Unidos da América entre 1991 e 1993[6], foi investigadora Convidada do Departamento de Inglés na Universidade de Brown.[7]

Está representada en moitas antoloxías portuguesas e estranxeiras e ten feito lecturas dos seus poemas en varios países, como Brasil, Francia, Estados Unidos da América, Alemaña, Irlanda, España, Rusia, Romanía, Polonia, Suecia, Holanda, China, México, Italia, Colombia e Arxentina.[5]

En torno aos seus libros de poesía e infantís foron levados á escena espectáculos de teatro e lecturas escenificadas (como O olhar diagonal das coisas, A história da Aranha Leopoldina, Próspero morreu ou Amor aos Pedaços).  

En Galicia, en febreiro de 2015 no auditorio do centro Ágora participou nunha sesión do ciclo Poetas Di(n)versos con Marta Dacosta.[8] Foi finalista do Premio aRi[t]mar 2020 con Babel.[9]

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Minha senhora de quê,(1990). Fora do Texto. Quetzal, 1999.
  • Coisas de partir (1993). Fora do Texto. Gótica, 2001.
  • Epopeias (1994). Fora do Texto.
  • E muitos os caminhos (1995). Poetas de Letras.
  • Às vezes o paraíso (1998). Quetzal.
  • Imagens (2000). Campo das Letras
  • Imagias (2002). Gótica.
  • A arte de ser tigre (2003). Gótica.
  • Poesia Reunida 1990-2005 (2005). Quasi.
  • A génese do amor (2005). Campo das Letras.
  • Entre dois rios e outras noites (2008). Campo das Letras.
  • Se fosse um intervalo (2009). Dom Quixote.
  • Inversos, Poesia 1990-2010 (2010). Dom Quixote.
  • Vozes, (2011). Dom Quixote.
  • Escuro (2014). Assírio & Alvim.
  • E Todavia (2015). Assírio & Alvim.
  • What's in a name (2017). Assírio & Alvim.
  • E Contudo, Elas Movem-se! Mulheres e Ciência. Com poemas (2019). Con Marinela Freitas. U.Porto Editorial. .
  • Ágora (2020). Assírio & Alvim.

EnsaioEditar

  • Arder a Palavra e outros incêndios, (2018). Relógio D'Água.
  • Um Agora, Sempre: Ensaios (2019). Edições Afrontamento.

TeatroEditar

  • Próspero Morreu (poema em acto) (2011). Caminho.

FicciónEditar

  • Ara (2013). Sextante.

Literatura InfantilEditar

  • Gaspar, o Dedo Diferente e Outras Histórias (1999). Ilust. Elsa Navarro. Campo das Letras. En 2011, Civilização. Ilust. Abigail Ascenso. En 2019, Zero a Oito.
  • A História da Aranha Leopoldina (2000). Ilust. Elsa Navarro. Campo das Letras. En 2010, Civilização. Ilust. Raquel Pinheiro. Ed. revisada e aumentada, con CD. Música de Clara Ghimel, arranxos de Nuno Aragão, Cantado por Rosa Quiroga, Nuno Aragão e Sissa Afonso. En 2019, Zero a Oito.
  • A Relíquia (2008). Quasi. Sobre a novela de Eça de Queiroz.
  • Auto de Mofina Mendes (2008). Quasi. A partir da peza de Gil Vicente. Ilust. de Helena Simas
  • A Tempestade (2011), Quidnovi. Plano Nacional de Leitura. Ilust. de Marta Madureira.
  • Como Tu (2012). Quidnovi. Ilust. de Elsa Navarro. Música de Antonio Pinho Vargas, piano por Álvaro Teixeira Lopes, voces de Pedro Lamares, Rute Pimenta e Ana Luísa Amaral - Plano Nacional de Leitura.
  • Lengalenga de Lena, a Hiena (2019), Zero a Oito. Ilust. de Jaime Ferraz.

TraduciónsEditar

  • Xanana Gusmão (1998). Mar Meu/My Sea of Timor. Co-trad. Kristy Sword. Granito.
  • Eunice de Souza (2001). Poemas Escolhidos. Cotovia.
  • John Updike (2009). Ponto Último e Outros Poemas. Civilização.
  • Emily Dickinson (2010). Cem Poemas. Relógio D'Água.
  • Emily Dickinson (2015). Duzentos Poemas. Relógio d’Água.
  • Patricia Highsmith (2015). Carol. Relógio d'Água.
  • William Shakespeare (2015). 31 Sonetos. Relógio d'Água.

Libros de Ana Luísa Amaral traducidos no estranxeiroEditar

Estados Unidos da América

  • The Art of Being a Tiger. Selected Poems, trad. Margaret Jull Costa, Tagus Press, 2018
  • What's in a name?, trad. Margaret Jull Costa, New Directions, 2019

Alemaña

  • Stimmen, trad. Susanne Munz (no prelo)
  • A gênese do amor, Gryphus, Río de Xaneiro, 2008
  • Voces, Iluminuras, São Paulo, 2013
  • Escuro, Iluminuras, São Paulo, 2015
  • Ara, Iluminuras, São Paulo, 2016

ColombiaEditar

  • Entre otras noches, Antología Poética, trad. Lauren Mendinueta, Taller de Edición-Rocca, Bogotá, 2013
  • Como tu, trad. Lauren Mendinueta,Taller de Edición-Rocca, Bogotá,  2014

EspañaEditar

  • Oscuro, trad. Luis Maria Marino, Olifante, Aragon, 2015[10]

FranciaEditar

  • Images, trad. Catherine Dunhas, Vallongues Éditions, 2000
  • Comme Toi, trad. Catherine Dunhas, Editions Theatrales, París, 2013
  • L’Art d’être tigre, trad. Catherine Dunhas, Phare du Cousseixo, París, 2015

HolandaEditar

  • Wachten op Odysseus: Gedichten 1990-2011, trad. Arie Pos, uitgeverij IJZER, Utrecht, 2011

ItaliaEditar

  • Poesie, trad. Livia Apa, Poesie, XVª Edizione – Portogallo, Lisbona, Instituto Camões, 2008
  • La Genesi dell’Amore, trad. Piero Ceccucci, Fiorenza mia…!:, Florença, Firenze University Press, 2009
  • La Scala di Giacobbe: Poesia di Ana Luísa Amaral, trad. Livia Apa, Manni Editori, Milán, 2010
  • Voci, Kolibris Edizioni, Ferrara, trad. Chiara diLucca, 2018

MéxicoEditar

  • Oscuro, Universidad Autónoma de Nuevo Léon, Monterrey, trad. Blanca Luz Pulido, 2017

Reino UnidoEditar

  • The Art of Being a Tiger, Oxbow Press, Oxford, trad. Margaret Jull Costa, intr. Paulo de Medeiros, 2016

SueciaEditar

  • Mellan tva floder och andra natter, trad. Ulla Gabrielson, Diadorim, Gotemburgo, 2009
  • Ana Luisa Amaral, Antología Poética, trad. Nidia Hernández, Monte Ávila Editores, Caracas, 2012

PremiosEditar

  • 2007: Premio Literario Casino da Póvoa/Correntes d’Escritas, co libro A génese do amor.[11]
  • 2008: Premio de Poesía Giuseppe Acerbi, Mantua, Italia, co libro A génese do amor.
  • 2008: Gran Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores, co libro Entre Dois Rios e Outras Noites.
  • 2012: Premio Rómulo de Carvalho/António Gedeão, 1ª edición, co libro Vozes.
  • 2014: Premio PEN de Narrativa da Asociación Portuguesa de Escritores, coa novela Ara.
  • 2015: Medalla de Ouro de Mérito do Concello de Matosinhos.
  • 2016: Medalla de Mérito - Grao Ouro do Concello do Porto.
  • 2018: Premio Internazionale Fondazione Roma: Ritratti di Poesía.
  • 2018: Premio de Ensaio Jacinto do Prado Coello co libro Arder a palavra e outros incêndios.[12]
  • 2021: XXX Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana.[13]
  • 2021: Prémio Virgílio Ferreira, atribuído pela Universidade de Évora.[14]

NotaEditar

  1. "Poetry International Web Ana Luisa Amaral". archive.vn (en inglés). 2007-04-21. Consultado o 2020-06-17. 
  2. "CCWW_Portuguese_Amaral_bio". web.archive.org (en inglés). 2011-07-17. Consultado o 2020-06-17. 
  3. "Ana Luísa Amaral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  4. Fidelizarte. "Ana Luísa Amaral". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  5. 5,0 5,1 "Ana Luísa Amaral (1956). Correio do Porto". www.correiodoporto.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  6. "U. Porto - Antigos Estudantes Ilustres - Ana Luísa Amaral". sigarra.up.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  7. "Biografia - Ana Luísa Amaral". escritas.org (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  8. "Marta Acosta y Ana Luisa Amaral, en el ciclo Poetas Di(n)versos". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-02-07. Consultado o 2020-06-17. 
  9. "Ana Luísa Amaral. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-06-17. 
  10. Delgado, Antonio Sáez (2016-09-30). "Misterios que no sabemos nombrar". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-17. 
  11. "Ana Luísa Amaral". C.M. da Póvoa de Varzim (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  12. "Ana Luísa Amaral vence prémio de Ensaio Jacinto do Prado Coelho". Notícias U.Porto (en portugués). 2018-10-04. Consultado o 2020-06-17. 
  13. Cultural, El (2021-05-31). "La portuguesa Ana Luísa Amaral gana el XXX Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-05-31. 
  14. "Poetisa Ana Luísa Amaral vence Prémio Literário Vergílio Ferreira 2021". Notícias ao Minuto (en portugués). 2020-12-17. Consultado o 2021-05-31.