Carlos Paulo Martínez Pereiro
Carlos Paulo Martínez Pereiro, nado en Mera (Oleiros) o 1 de xullo de 1955, é un escritor e crítico literario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1955 (69 anos) Mera, España |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa |
Educación | Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra (pt) (–1976) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Empregador | Universidade da Coruña |
Xénero artístico | Ensaio |
Familia | |
Irmáns | Xosé Luís Martínez Pereiro |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Hispánica, e Filoloxía Galego-Portuguesa, é Doutor, nesta última filoloxía, tamén pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre as relacións entre a pintura e a literatura na obra vangardista do escritor e artista plástico portugués Almada Negreiros. Tras varios anos de exercicio da docencia como Profesor Agregado e Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato, é, na actualidade, Catedrático da Área de Coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Desde 1997, é Director da Serie Branca (Outras Literaturas Teatrais) e da Serie Gris (Pensamento e Estética) e mais Coordinador Editorial das Publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Maior do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
É irmán de Xosé Luís Martínez Pereiro.
Obra en galego
editarEnsaio
editar- Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguesa, 1996, A Nosa Terra.
- A Pintura nas Palavras. 'A Engomadeira', de Almada Negreiros: Uma Novela em Chave Plástica, 1996, Laiovento.
- Hospital das letras. In(ter)vencións e ensaios literarios, 1997, Espiral Maior.
- A indócil liberdade de nomear. (Por volta da 'interpretatio nominis' na literatura trovadoresca), 1999, Espiral Maior.
- As Mulleres partidas de Joan García de Guilhade, 2007.
- Querer crer entrever (Expresións críticas de reflexión e lectura), 2007, Laiovento.
- A man que caligrafando pensa (Do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana), 2010, Universidade da Coruña.
Edicións
editar- As cantigas de Fernan Paez de Tamalancos, 1992, Laiovento.
- Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII, 1998, Espiral Maior.
- Camilo Castelo Branco. As Duas Comédias do Morgado de Fafe (O Morgado de Fafe em Lisboa/O Morgado de Fafe Amoroso), 2008, Universidade da Coruña.
- Machado de Assis e a mundana comédia. Cinco peças teatrais, 2017, Universidade da Coruña. Con Alva Martínez Teixeiro.
Obras colectivas
editar- Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, Vía Láctea, con Xosé María Dobarro e Manuel Ferreiro.
- Un dia na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky, 1987, Sotelo Blanco. Teatro, con Xosé Luís Martínez Pereiro.
- Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, Vía Láctea, con Xosé María Dobarro e Manuel Ferreiro.
- Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
- Luís de Camões. Doce Canto em Terra Alheia?, 1994, Laiovento, con Manuel Ferreiro e Francisco Salinas Portugal.
- Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amigo, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
- Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amor, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
- Historia da Literatura Galega. Cantigas de Escarnho e de Maldizer, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
- Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
- Estudos Galego-Brasileiros, 2003, H. P. Comunicação (Río de Xaneiro).
- Estudos Galego-Brasileiros: II, 2006, Universidade da Coruña.
- Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry, 2007, Universidade da Coruña, con Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña.
- A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, 2008, Baía Edicións, con Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña.
- Estudos Galego-Brasileiros. III, 2009, De Letras (Río de Xaneiro).
Obra en francés
editarEnsaio
editar- Au sujet des chevaux in-existants dans la poésie satirique, 1992, CUERMA/Université de Provence.
Premios
editar- Premio de Investigación da Xunta de Galicia ao mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro na Área de Humanidades no 1992, polo artigo intitulado Au sujet des chevaux in-existants dans la poésie satirique galicienne-portugaise du Moyen-Âge.
- Premio Espiral Maior de Ensaio no 1999, por A indócil liberdade de nomear. (Por volta da 'interpretatio nominis' na literatura trovadoresca).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Paulo Martínez Pereiro |