Xosé Luís Martínez Pereiro

escritor galego

Xosé Luís Martínez Pereiro, nado na Coruña en 1959, é un escritor galego.

Infotaula de personaXosé Luís Martínez Pereiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e teatro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Paulo Martínez Pereiro Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 252

Traxectoria editar

A súa actividade repártese entre a narrativa, o teatro e o debuxo humorístico. Ten publicado cadriños en revistas como Can Sen Dono, XO!, A voz que para as bestas, O Farelo, os periódicos A Peneira e A Nosa Terra e varias antoloxías de humor gráfico. Publicou tamén relatos neste último semanario e en Agália.

Desde 2003 ten participado en numerosas revistas e exposicións internacionais sobre humor. É irmán de Carlos Paulo Martínez Pereiro.

Obra editar

Narrativa editar

Teatro editar

  • Tres crimes en busca dunhas labazadas, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Traxicomedia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana chamada Viriata, 1989, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Monólogo con oito pausas e un falso espectador, 1990, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Carne de estatua, 2001, Baía.
  • Guiso de choupa, 2001, Xunta de Galicia.

Literatura infanto-xuvenil editar

  • A muller Mariña, 2003, A Nosa Terra.

Obras colectivas editar

Premios editar

  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1981, por Conto dun Mougán e dun Roubapolos.
  • 1º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1983, por Cartel de cego dun home indestrutíbel.
  • Premio do IX Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989, por Traxicomedia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana chamada Viriata.
  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1991, por Historia dun neno godo e delgado.
  • I Premio de poesía Manuel Murguía da Universidade da Coruña.
  • Premio de poesía Has de Cantar, da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Biscaia.
  • Premio de poesía Domingo Antonio de Andrade, concedido pola Agrupación Cultural do mesmo nome en Cee.
  • I e II Premio A Peneira de relatos curtos de humor en 1993 e 1999.
  • Premiado no XXI Certame Antonio Machado, onde compiten todas as linguas do estado.
  • Premio na modalidade de narración curta no VIII Certame Carvalho Calero do Concello de Ferrol no 1999, por As irmás bastardas da ciencia.
  • II Premio Cidade da Coruña de literatura fantástica no 1999, por Medición definitiva do limbo.
  • X Premio de Narracións Breves "Manuel Murguía" no 2001, por Palamades e a Besta Ladradora.
  • Premio Risco de Literatura Fantástica no 2002, por A embaixada do vinagre.
  • VII Premio Antonio Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2007, por Os deuses suicidas, aínda inédito.
  • Premio Narrativa Breve Repsol no 2008, por A verdade como mal menor.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar