María Xosé Queizán
María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Xosé Queizán Vilalonga de Soutomaior 5 de febreiro de 1939 (85 anos) San Xulián de Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, crítica literaria, activista polos dereitos das mulleres, novelista |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, ensaio e teatro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Luís Méndez Ferrín (1962-1974) |
Fillos | Cristal e Roi |
Pai | José Queizán Hermida |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Traxectoria
editarComezou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Vigo e continuou na Subsección de Galego-Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela; pertence á 1ª promoción de licenciados en Galego-Portugués (1978) moi ligados á figura de Ricardo Carballo Calero. Exerceu como profesora de Lingua Galega e Literatura en institutos de Vigo.[1]
Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).
O seu labor como escritora diversifícase en todos os xénero e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía; tamén é tradutora. Os seus ensaios feministas tratan temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escrita non androcéntrica.
Vida persoal
editarFilla do avogado José Queizán Hermida e de Concepción Vilas García. En 1962 casou con Xosé Luís Méndez Ferrín, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi (1968).[2] Separáronse en 1974, e o matrimonio quedou anulado en 1989.
Labor literario
editarEn 1977 publicou o ensaio A muller en Galicia ao que lle seguiría en 1980 Recuperemos as mans e, en 1998, Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (Laiovento). Creou a revista Festa da Palabra Silenciada, feita só por mulleres, a cal coordina e dirixe dende 1983. En 1989 publicou unha obra de teatro, Antígona ou a forza do sangue, coa que quedou finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. Outra obra de teatro, Non convén chorar máis, permanece inédita.[Cómpre referencia] O seu primeiro poemario Metáfora da metáfora apareceu en 1991, seguido por Despertar das amantes en 1993 e Fóra de min en 1994. Como tradutora,[3] figuran no seu haber pezas como: O caderno azul de Marguerite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlotte Perkins Gilman.
No outono de 2018 publicou en Xerais o libro de memorias Vivir a galope[4]:
Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actúo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a actuar para non interromper o labor[5].
Obra
editarNarrativa
editar- A orella no buraco (1965) -2ª ed. 1984-. Galaxia. Colección Illa Nova. ISBN 978-84-7154-475-9. Unha novela innovadora, que trasladou en 1965 á narrativa galega os postulados modernos do Nouveau Roman francés.[6] É unha novela obxectalista.[7]
- Amantia (1984). Xerais. 240 páxs. ISBN 978-8475071633. É unha novela histórica que se desenvolve na Galicia do século IV, con Prisciliano e o círculo de mulleres ilustradas pola poesía decadente e vangardista dos poetas romanos do Baixo Imperio.[8]
- A semellanza (1988) -2ª ed.1995). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478241286. Con esta novela Queizán contribuíu ao debate sobre a relación sexo/xénero desde o punto de vista da psicanálise.[9][10] Foi traducida ao inglés.[11]
- Amor de tango (1992) -8ª ed. 2007-. Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9782-593-1. ePub: ISBN 978-84-9121-012-2. A novela reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista, das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo, das traballadoras que espertaron á vida no Vigo de preguerra, das obreiras das fábricas de sardiñas.[12] Edición renovada en 2023, ISBN 978-84-1110-255-1, 192 páxs., ePub: ISBN 978-84-9121-012-2.
- O solpor da cupletista (1995). Nigra. Xerais (2013). 120 páxs. ISBN 978-84-9914-568-6. Focaliza a acción nun momento final da vida da Bela Otero. Á novela curta, engádese un ensaio de investigación titulado Carolina Otero, a liberdade arrogante.[13]
- Ten o seu punto a fresca rosa (2000). Xerais. Edición ePub 2013: ISBN 978-84-9914-615-7. A novela está construída como un gran friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan as historias de tres mulleres.[14] Son personalidades de distintas idades, condicións socioeconómicas e de diversas sexualidades.[15]
- ¡Sentinela, alerta! (2002) -reed. 2015)-. Xerais. 128 páxs. ISBN 978-8499148311. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.[16] Novela de narrativa carceraria.[17]
- Meu pai vaite matar (2011). Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9914-300-2. Segundo a editora: "é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego".[18][19]
- A boneca de Blanco Amor (2014). Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-9865-571-1. Segundo Ramón Nicolás, na novela: "ofrece unha proposta narrativa heteroxéna con trazos novelescos, mais tamén ensaísticos, sobre Chile e a boneca de porcelana que Blanco Amor situou n´A esmorga".[20]
- Son noxento (2015). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-824-3. ePub: ISBN 978-84-9914-830-4. Da novela di a editora: "Ademais de abordar a crítica social ... é unha novela presidida polo humor... unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun monólogo interior".[21] E Ramón Nicolás comenta: "María Xosé Queizán, na súa última novela, aperta as caravillas a asuntos tabús ou case ignorados na narrativa galega, procurando unha resposta activa a quen se achegue a estas páxinas".[22]
Ensaio
editar- A muller en Galicia (1977), Ediciós do Castro. 99 páxs.[23]
- Recuperemos as mans (1980). Edicións do Cerne. 148 páxs.
- A muller galega no ensino. A muller e a cultura (1981). Ministerio de Cultura.
- Evidencias (1989). Xerais.
- Concepción Arenal (1993). Concello de Vigo. Concellería de Educación e Universidade.
- Escrita da certeza. Por un feminismo optimista (1995). Espiral Maior.
- Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (1998). Laiovento.
- Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (2004). Xerais.
- Anti natura (2008). Xerais.
- Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (2011). Xerais.
- Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (2014). Xerais.
- Rosalía de Castro e o poder sexual (2017). Xerais.
- Vivir a galope (2018). Xerais. ISBN 978-84-9121-453-3. 808 páxs.[24]
- Despoxos e vísceras ilustres (2020). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9121-637-7.[25] ePubl: ISBN 978-84-9121-621-6.
Poesía
editar- Metáfora da metáfora (1991). Espiral Maior. 106 páxs. ISBN 978-8440493941.[26] Reeditada en 2024, ISBN 978-84-1110-500-2, ePub: ISBN 978-84-1110-510-1.
- Despertar das amantes (1993). Espiral Maior. ISBN 978-8488137142.
- Fora de min (1994). Sons Galiza.
- Catro poemas a Rosalía (1997). Fundación Rosalía de Castro.
- Non o abras como unha flor: poesía reunida 1980-2004 (2004). Xerais. 380 páxs. ISBN 84-9782-181-5.[27]
- Cólera (2007). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-612-9.[28][29]
- Lesbiar (2015). Asociación Nós Mesmas. Vigo.
Literatura infanto-xuvenil
editar- O segredo da pedra figueira (1986), Tintimán. Ilustracións de Marifé Quesada. 4ª ed. en Xerais, Colección Xabarín (1992) e en Xerais, Fóra de Xogo (2ª 2011). 120 páxs. ISBN 978-84-9914-214-2. Na novela Queizán recrea simbolicamente a procura da liberdade e reivindica o protagonismo e potencialidades femininas.[30]
Teatro
editar- Parados (inédita) (1989).
- Non convén chorar máis (Inédita).
- Antígona, a forza do sangue (1989). Xerais. Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro 1989.
- Antígona. A cartuxeira. Neuras (2008). Galaxia.
- Clara Campoamor e a defensa do voto feminino (inédita). Lectura dramatizada
- Ritos de sangue (2012). RTG, 72. Textos/69. A.C. Entre Bambalinas
Guión cinematográfico
editar- Con hoxe e con mañá, 1877. Guión. Premio concurso da Organización Nós. Inédito.
- Prisciliano, 1984. Guión. Gañadora do premio Xunta de Galicia. Inédito.
Tradución
editar- Conto azul, de Marguerite Yourcenar (1997). Laiovento.
- Fenda, locura e morte, de Karen Blixen, Charlotte Perkins Gilman e Emilia Pardo Bazán (1999). Xerais.
- Ana, soror, de Marguerite Yourcenar (2002). Xerais.
Obras colectivas
editar- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado. Poesía.
- Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Relato.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Poesía.
- XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado. Poesía.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Poesía.
- Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), 1996, Galaxia. Relato.
- Construír a paz, 1996, Xerais. Ensaio.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Relato.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Padroádego Rosalía de Castro. Poesía.
- Clásicos e modernos, 2000, Universidade da Coruña.
- Poetas e Narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- A homosexualidade a debate, 2002, Xerais. Ensaio.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Relato.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns (2006). Xosé Manuel Martínez Oca et al. Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Conto: A bela adormecida na devesa.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. Poesía.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios e recoñecementos
editar- Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro en 1989 con Antígona, a forza do sangue.
- Premio da Xunta de Galicia polo guión de cine Prisciliano.
- Foi nomeada socia de honra da AELG no 1998.
- En 1998 inaugurouse en Vigo o Parque da escritora María Xosé Queizán.[31]
- Premio Voz da Liberdade no 2011, outorgado polo PEN Clube de Galicia.
- Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia no 2013, pola súa traxectoria.
- Premio Lois Peña Novo no 2018.
- Recoñecemento do feminismo galego en 2018.[32][33]
- Premio Otero Pedrayo no 2018[34]
- Novembro de 2017: escultura de Juan Salgueiro no parque que leva o seu nome en Vigo.[35]
- Premio de Igualdade Ernestina Otero en 2019 do Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[36]
- Premio na Gala do Libro Galego 2019 da Federación de Librarías de Galicia.[37]
- Premio Laxeiro 2024.[38]
Notas
editar- ↑ "María Xosé Queizán". Biblioteca Virtual Galega. Archived from the original on 01/01/2021. Consultado o 01/01/2021.
- ↑ Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
- ↑ Queizán Arquivado 20 de agosto de 2020 en Wayback Machine. na Bitraga.
- ↑ Queizán, María Xosé (2018). Vivir a galope. Edicións Xerais de Galicia. p. 808. ISBN 978-84-9121-453-3.
- ↑ "Vivir a galope". Xerais. Consultado o 28/10/2018.
- ↑ "A orella no buraco". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Bragado, Manuel. "Escritora María Xosé Queizán". www.farodevigo.es. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "AmantiaXerais - Librería Tirant Lo Blanch". tirant.com. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Rodríguez Rodríguez, Marisol. "A busca de identidade: A relación entre sexo e xénero n’A semellanza de María Xosé Queizán" (PDF). galicia21journal.org. Consultado o 16/02/2019.
- ↑ Boguszewiczb, María. "AMOR DE TANGO DE MARÍA XOSÉ QUEIZÁN Y LOS DISCURSOS FEMINISTAS DE LA RANSICIÓN DESDE UNA PERSPECTIVA SOCIOCRÍTICA". revistaseug.urg.es (en castelán). Consultado o 16/02/2019.
- ↑ "The Likeness". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "A novela «Ten o seu punto a fresca rosa», de María Xosé Queizán, no Club de Lectura LGTB Queeruña. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020.
- ↑ "Sentinela, Alerta!. Maria Xose Queizan. Elkar.eus". www.elkar.eus (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Sánchez Arins, Susana. "Sempre alerta, sentinela!". A Sega. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "María Xosé Queizán: "Los policías son los que más saben de la realidad social" - Faro de Vigo". ocio.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-12-27). "A boneca de Blanco Amor, de María Xosé Queizán". Caderno da crítica. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Nicolás, Ramón (2015-05-22). "Son noxento, de María Xosé Queizán". Caderno da crítica. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Cerqueira Ogando, Vanessa. "Resistencia e identidade na produción literaria de María Xosé Queizán: cara á lexitimación do feminismo galego" (PDF). ruc.udc.es. Consultado o 16/02/2019.
- ↑ "María Xosé Queizán: "Unha non é o que se considera, é o que é". CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-02-15.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-03-24.
- ↑ Nunes Brión, Andrea. "'Metáfora da metáfora' de María Xosé Queizán". A Sega. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "Non o abras como unha flor: poesía reunida 1980-2004. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Mato, Mar. "María Xosé Queizán, escritora. Acaba de sacar do prelo o seu poemario "Cólera": "Os rexistros na casa eran como unha violación"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Fernández Vázquez, Mar. "A terra prometida de 'O segredo da Pedra Figueira". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "A escritora na súa terra: María Xosé Queizán. Vigo, 1998". www.aelg.gal. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ Do Val, Marga (17 de xuño de 2018). "A Festa da Queizán". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ P., E. (1 de xullo de 2018). "María Xosé Queizán: "Tiven que pagar un prezo alto por rebelarme"". Galicia Confidencial. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Una escultura para María Xosé Queizán". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-11-07. Consultado o 2019-02-16.
- ↑ "María Xosé Queizán recibe el séptimo Premio de Igualdade Ernestina Otero". Faro de Vigo (en castelán). 10/3/2019.
- ↑ "Escritores, libreiros e editores outorgan os seus recoñecementos honoríficos anuais María Xosé Queizán, Antonio Fernández Maira e María Teresa Horta recollerán os seus premios na Gala do Libro Galego". Cultura Galega. 8 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019.
- ↑ "María Xosé Queizán, Premio Laxeiro 2024". xornal.vigo.org. Consultado o 2023-11-24.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
- Para unha poética feminista: homenaxe a María Xosé Queizán (2011). Xerais. Coordinada por Camiño Noia Campos e Manuel Forcadela. 320 paxs. ISBN 978-8499142326.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Xosé Queizán |