Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa

lugar da parroquia de Sobrán (San Martiño) e a parroquia de Sobradelo, no concello de Vilagarcía de Arousa, na comarca de O Salnés

Vilaxoán é unha vila situada na parroquia de Sobrán, en Vilagarcía de Arousa. Foi concello de seu entre 1836 e 1913.

Vilaxoán

Igrexa de San Martiño de Sobrán.
ParroquiaSobrán (San Martiño)
ConcelloVilagarcía de Arousa
Coordenadas42°35′10″N 8°47′14″O / 42.586161, -8.7871604
Poboación1.354 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1 354 habitantes (697 mulleres e 657 homes), o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 428 veciños, e 2005, cando eran 1 447.

Neste lugar está a igrexa de San Martiño de Sobrán.

Historia

editar

Non se ten moita constancia da poboación desta vila en épocas remotas, pero os indicios levan a pensar que debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Tomando como base os estudos que se fixeron a fins do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulimentada e cobre pertencentes a razas aborixes, pódese dicir que a vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos se atopen tamén en moitos lugares. Tamén apareceron achados de olería romana e moedas dos emperadores Constancio Cloro e Constantino, o que dá a entender que os romanos tiveron contacto coa vila. Os topónimos que atopamos en toda a freguesía nos dan pé para dicir que os iberos, fenicios, gregos, celtas e romanos primeiro e os godos, suevos, normandos e árabes despois, estiveron poboando este porto de Sobrán [Cómpre referencia].

Nos escritos de Manuel Murguía da colección Galicia, sus monumentos y artes-su naturaleza e historia de 1888, comenta que, ao saír de Vilagarcía na dirección de Cambados e a curto treito do convento de agustinas (xurisdición de Sobrán naquelas datas), se atopou nun terreo de enxurrada un grandeiro depósito de cunchas entre as cales se vían mesturados ósos de animais, compoñendo o todo dun verdadeiro kjoekkenmoedding ou refugallos de cociña. Cubertos cunha capa de terra de seixos, cando os obreiros comezaron a escavar a fendedura e reencher a estrada, apareceu o depósito, no cal predominaban as cunchas de ostras, berberecho e mexillón. A cada intre aparecían ósos que polas súas dimensións puideron ser de grandes paquidermos extintos e tamén de restroballos de cerámica e mosaicos romanos. Explorou moi lixeiro este depósito Ramón del Valle Bermúdez, pai do literato Ramón del Valle-Inclán.

A Enciclopedia Universal Ilustrada de 1920 fala da punta do Preguntoiro e un pouco máis aló da punta da Gorma é do illote do mesmo nome, que era un punto preferido dos mariñeiros de Vilaxoán na pesca do congro ao palangre, comentando que, tendo este illote moi pouca extensión debeu estar habitado en tempos remotos, pois nel afloraban en 1915 anacos de tégula romana.

O polígrafo vilagarcián Fermín Bouza-Brey expoñía nas súas teses que os romanos escolleran o porto de Vilaxoán como un aos que arribaban de cando en vez nas súas viaxes pola ría de Arousa. Na súa opinión todos os achados de restos de ánforas procedían da limpeza dos barcos que se atopaban no porto.

Patrimonio

editar

Igrexas

editar
editar
  • Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira [1].

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Martiño de Sobrán

editar
Lugares da parroquia de Sobrán (San Martiño) no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Vilaxoán

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

  1. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 190. No texto: Vilaxohán, lle deran.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar