Abrir o menú principal

Pazo do Rial

construción civil en Vilaxóan, no concello de Vilagarcía de Arousa

O pazo do Rial é unha casa señorial que se atopa en Vilaxoán, na parroquia de Sobrán, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa; moi preto da vila. Ergueito no século XVII en estilo barroco, e vencellado historicamente á familia nobre galega: Mariño de Lobeira, na actualidade funciona como instalación hoteleira e restaurante[1].

Pazo do Rial
Pazo do Rial. Vista general.jpg
ConcelloVilagarcía de Arousa
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°34′40″N 8°47′48″O / 42.577772, -8.796688Coordenadas: 42°34′40″N 8°47′48″O / 42.577772, -8.796688
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalBarroco (Século XVII)
Estilo actual(Barroco (século XVII) con ampliacións no século XX)
Estado actualBo estado, uso hostaleiro e hoteleiro
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Hotel-Monumento Histórico Artístico.

HistoriaEditar

É unha gran casa señorial do século XVII ergueita sobre unha construción anterior medieval por Xoán Antonio Mariño de Lobeira.[Cómpre referencia]

Un dos descendentes desta familia, no século : Pedro Mariño casou con Clara Caamaño, neta de García de Caamaño, o fundador de Vilagarcía de Arousa.[Cómpre referencia]

Dende 1815 por mor dun preito pola sucesión do pazo de Rubiáns, estes dous pazos volveron quedar vencellado á familia Ozores, á súa vez descendentes dos Caamaño.[Cómpre referencia]

A comezos do século XX, 0 Rial ficou abandonado. Nos anos 1970 vendeuse e foi transformado e ampliado para se converter no hotel que hoxe segue a ser.

DescriciónEditar

O pazo atópase nun outeiro de onde divisaba as terras achegadas. Presenta fábrica de cantaría de granito e planta rectangular. É un grande expoñente da arquitectura barroca galega. O edificio atópase flanqueado por dúas torres de tres andares, todo a decoración ten un estilo barroco de grande harmonía, por ser construído nun mesmo momento: tanto o corpo coma as torres están ameadas, atopamos ademais cornixas molduradas, varios balcóns sobre canzorros labrados; as torres teñen nos seus ángulos superiores gárgolas a xeito de canóns. As potentes chemineas salientan o seu aspecto señoril. Na fachada do corpo central, así coma na parte superior das torres aparecen varios escudos de armas que representan as distintas familias que nel moraron: Ozores, Soutomaior, Sarmiento e no centro o brasón dos Mariño de Lobeira, coa serea, as ondas, os lobos e maila estrela.

A casa tamén ten unha capela e un hórreo[2]

É o máis importante dos pazos de Vilaxoán. A súa imaxe lembra ao achegado pazo de Sobrán.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar