José Luis Rivera Mallo

político galego


José Luis Rivera Mallo, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de setembro de 1936, é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé Luis Rivera Mallo
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro no concello de Vilagarcía de Arousa (1979-1983). En 1983 foi elixido alcalde de Vilagarcía de Arousa pola candidatura de Alianza Popular, revalidando a alcaldía en 1987. Foi Presidente do Consello de Administración de Fexdega (1983-1991) e Presidente da Mancomunidade de concellos de Arousa (1983-1991). Foi senador por Pontevedra na IV Lexislatura (1989-1993) e na V Lexislatura (1993-1996) ao saír escolleito nas eleccións de 1989 e de 1993. Entre 1996 e 1998 foi presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Porén, abandonou o Partido Popular e en 1999, 2003, en 2007 e en 2011 presentouse de novo á alcaldía de Vilagarcía de Arousa encabezando a candidatura de Independientes por Vilagarcía (IVIL), e obtendo respectivamente 3, 2, 1 e 1 concelleiro. Neste último ano, o concelleiro valeulle para darlle a alcaldía ao Partido Popular. Semanas despois integrouse de novo no Partido Popular, e a finais do ano 2011 integraba a terna que o PPdeG presentaba ao Senado pola provincia de Pontevedra, e para a que saíu elixido.


Predecesor:
José Recuna
  
alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1983 - 1991
Sucesor:
Javier Gago

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar