Julio Gurriarán

médico e político galego
(Redirección desde «Julio Gurriarán Canalejas»)

Julio Gurriarán Canalejas, nado no Barco de Valdeorras o 17 de abril de 1919 e finado no mesmo concello o 27 de marzo de 2012,[1] foi un médico e político galego.

Julio Gurriarán
Nacemento17 de abril de 1919 e 1919
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
Falecemento27 de marzo de 2012
Lugar de falecementoO Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi xefe local do SEU, un dos fundadores do Club Peña Trevinca (1944), alcalde do Barco de Valdeorras (1953–1979), deputado provincial e procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Ourense (1958-1961). Foi presidente do Consello de Administración do Instituto Nacional de Previsión.

Na democracia foi elixido senador pola provincia de Ourense por Alianza Popular na segunda lexislatura (1982-1986) e volveu ser alcalde do Barco de Valdeorras polo PPdeG (1991–1999).

RecoñecementosEditar

No Barco de Valdeorras o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas leva o seu nome.[2]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, Ourense, 28-3-2012, p. 2.
  2. Consellería de Educación

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1971). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-13-0. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Gustavo Gómez Rodríguez
  
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1953 - 1979
Sucesor:
Eulogio Gavela García
Predecesor:
Eulogio Gavela García
  
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1991 - 1999
Sucesor:
Alfredo García Rodríguez