Eulogio Gavela García

político galego

Eulogio Gavela García, nado no Barco de Valdeorras en 1925 e finado no mesmo concello o 31 de xullo de 2004, foi un político galego.

Infotaula de personaEulogio Gavela García
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor em Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 2004 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Presidiu a cooperativa vinícola Jesús Nazareno. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD no Barco de Valdeorras e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sendo ademais deputado provincial. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do CDS e perdeu a alcaldía en favor do candidato de AP Antonio Hervella. Nas municipais de 1987 volveu encabezala candidatura do CDS e foi elixido alcalde grazas a un pacto tripartito co PSdeG-PSOE e a CPG. Nas municipais de 1991 encabezou a coalición Converxencia Centrista-CDS e perdeu a alcaldía tras logralo PPdeG a maioría absoluta.

Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE. Pese a que o PPdeG perdeu a maioría absoluta e recibilo apoio do BNG na investidura, a falta de apoio dos concelleiros da Plataforma de Independentes de España (PIE) supuxo que os populares continuasen gobernando como forza máis votada. Os edís do PIE marcharan do PSdeG descontentos co desembarco de Gavela no partido. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997 formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE como número 4, sen resultar finalmente elixido. En febreiro de 1999 foi designado pola executiva local do PSdeG do Barco como candidato á alcaldía nas municipais dese ano, se ben fixérono sen consulta previa á militancia. Desta forma, en marzo a dirección provincial do partido convocou unha asemblea na que resultou elixido Alfredo García Rodríguez. Tras recorrer a executiva local dita elección, a dirección galega tivo que intervir para confirmala elección de García como candidato. Desta forma, encabezou a candidatura de Democracia Galega, a cal logrou tan só 1 concelleiro, ante o cal renunciou a recollela súa acta de concelleiro e se retirou da política.


Predecesor:
Julio Gurriarán Canalejas
  
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1979 - 1983
Sucesor:
Antonio Hervella Martínez
Predecesor:
Antonio Hervella Martínez
  
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1987 - 1991
Sucesor:
Julio Gurriarán Canalejas

Vida persoal editar

Casou con Elisa Arias García e tiveron 2 fillos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar