Manuel Mosquera Lequerica
Manuel Mosquera Lequerica, nado en Bilbao cara a 1846 e finado en Melide en maio de 1923, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1846 Bilbao, España |
Morte | maio de 1923 (76/77 anos) Melide, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Membro de |
Traxectoria
editarFoi deputado provincial de Lugo polo distrito de Chantada en 1871. Militante do rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove, estivo afiliado ao Partido Republicano Federal de Galicia[1] e foi presidente honorario do Partido Republicano de Melide en 1884.[2] Foi detido en Lugo en setembro de 1886.[3] Conxuntamente con Aureliano Pereira e Modesto Moyrón, foi nomeado membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887. Foi presidente do Comité Rexionalista de Lugo en 1891,[4] e presidente do comité federal da provincia en 1897.[5] Presidiu o Congreso Agrícola Ganadero de Lugo de 1905.[6]
Redactor de El Regional, publicou en El Ciudadano un estudo sobre Giordano Bruno que provocou unha amoestación do obispado lucense,[7][8] e colaborou en La Idea Moderna. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Melide en maio de 1923.[9]
Notas
editar- ↑ Máiz (2006), p. 35
- ↑ La Voz de Galicia, 2-6-1884
- ↑ La Voz de Galicia, 22-9-1886, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 24-2-1891, p. 2.
- ↑ El Liberal, 25-5-1897, p. 1.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 16-10-1906, p. 1-2.
- ↑ La Voz de Galicia, 13-11-1889, p. 1.
- ↑ Almanaque Gallego 1927, p. 22.
- ↑ La Voz de la Verdad, 13-5-1923, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Máiz, Ramón; Martínez Eiras, Esther (2006). "Aureliano Pereira. Escritos sobre Federalismo e Galeguismo" A Coruña: Xunta de Galicia (CIRP). ISBN 978-84-453-4302-9.