Abrir o menú principal

Adolfo Mosquera

avogado, xornalista e escritor galego

Adolfo Mosquera Castro, nado en Caldas de Reis o 3 de xullo de 1860 e finado na mesma vila o 30 de xaneiro de 1940[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Adolfo Mosquera
Adolfo Mosquera Castro 1916.jpg
Nacemento3 de xullo de 1860
 Caldas de Reis
Falecemento30 de xaneiro de 1940
 Caldas de Reis
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, avogado e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ao rematar instalouse como avogado en Caldas de Reis. Dirixiu El Umia (1886), foi redactor de El Ciclón de Pontevedra e publicou un poema en A Gaita Gallega. Foi secretario do concello da Guarda durante a ditadura de Primo de Rivera e na Segunda República de O Grove e Caldas de Reis (1935). Foi un escritor combativo contra o caciquismo e poeta. Escribiu baixo os pseudónimos Sensitiva e El duende de Mazaracos. Obtivo premios en certames rexionais, un deles pola poesía costumista "Os feitizos y-os meigallos". Publicou un relato en dúas entregas titulado "Na represa" en O Galiciano.

ObrasEditar

NotasEditar

  1. Galería de gallegos notables. Adolfo Mosquera en El Pueblo Gallego, 9-1-1955, p. 11.
  2. Ficha bibliográfica[Ligazón morta]

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar