La Democracia (Caldas de Reis)

periódico de Caldas de Reis (1904-1911)

La Democracia foi un periódico editado en Caldas de Reis entre 1904 e 1911.

La Democracia
Lingualingua castelá
LocalidadeCaldas de Reis
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu o 17 de decembro de 1904. Sucesor de El Demócrata. Foi unha publicación de tendencia republicano-lerrouxista promovida por Adolfo Mosquera e dirixida por Ramón Paz Villar. Foi denunciado por inxurias e calumnias a un sacerdote pola publicación do artigo "Contrastes. Un cura de ayer y un cura de hoy", e o seu director procesado e xulgado na Audiencia Provincial en novembro de 1906.[1] En 1909 cambiou o seu subtítulo por Semanario liberal demócrata. Aínda se publicaba en abril de 1911.[2]

Notas editar

  1. La Correspondencia Gallega, 20-11-1906, p. 3.
  2. Noticiero de Vigo, 27-4-1911, p. 22.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar