Valentín Peña
xornalista español
Valentín Peña Meléndez, nado en San Tomé de Piñeiro (Marín) en 1851 e finado en Pontevedra o 8 de setembro de 1916[1], foi un xornalista e político galego.
Valentín Peña | |
---|---|
Nome completo | Valentín Peña Meléndez |
Nacemento | 1851 |
Lugar de nacemento | Marín |
Falecemento | 8 de setembro de 1916 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | José Peña Meléndez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Trasladado a Santiago de Compostela, foi redactor de Gaceta de Galicia e traballou con Alfredo Brañas. Co seu irmán o debuxante José Peña Meléndez fundou o periódico El Ciclón. Trasladado a Pontevedra, formou parte do grupo republicano de Pontevedra, foi presidente do subcomité republicano de Lerez. Dirixiu os periódicos La Unión Republicana, La Opinión, fundou e dirixiu La Glosopeda e colaborou en Diario de Pontevedra e La Libertad. Ao final da súa vida foi nomeado auxiliar na oficina de Montes de Pontevedra.
NotasEditar
- ↑ "D. Valentín Peña" en Diario de Pontevedra 9-9-1916, p. 2.