La Opinión (Pontevedra)

La Opinión foi un xornal editado en Pontevedra entre 1884 e 1899.

La Opinión
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 3919
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Diario de Pontevedra, apareceu en 1884. Fundado por José Millán e dirixido por Valentín Peña, entre os seus colaboradores estaban Rogelio Lois Estévez e Xoán Cuveiro Piñol, que publicou o folletín Pedro Madruga (drama histórico nun auto e tres coadros). A partir de 1896 comezou unha segunda época. A partir de marzo de 1898 editou o suplemento El Obrero: Órgano de la Asociación protectora del obrero, que aparecía os luns[1]. Cesou a súa publicación en decembro de 1899[2].

Notas editar

  1. El Eco de Santiago, 11-3-1898, p. 2.
  2. Revista Gallega, 244, 14-1-1900, p. 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar