Abrir o menú principal

Diccionario gallego

Diccionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas.....

O Diccionario gallego[1] é un dicionario bilingüe galego castelán de 10.943 voces coas definicións en castelán,[2] elaborado por Xoán Cuveiro Piñol e publicado en Barcelona en 1876. Constitúe o primeiro dicionario galego pancrónico.[3]

ElaboraciónEditar

Para a elaboración do seu dicionario, Cuveiro tomou como base o único publicado con anterioridade, o de Francisco Javier Rodríguez Gil de 1863, engadíndolle novas entradas, especialmente procedentes do galego occidental, así como do galego medieval,[4] constituíndo as voces arcaicas case o 25% das entradas. Con todo Cuveiro presenta unha escasa preparación lingüística, desprezando formas do galego popular como a gheada ou o seseo,[5] facendo lecturas erradas das fontes e mesmo incluíndo como formas arcaicas simples castelanismos antigos ou dando entrada a formas castelás por descoñecer a forma galega.[6]

NotasEditar

  1. O título completo era Diccionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas que figuran en códices, escrituras y documentos antiguos, términos familiares y vulgares y su pronunciación. Para la Escuela de Diplomática, anticuarios, jueces, abogados y otras personas a quienes es indispensable su frecuente uso.
  2. Na introdución ao Diccionario de diccionarios, editado por Antón Santamarina (versión 3, 2003) dise que consta de 10.912 entradas máis 884 lemas secundarios. Noutro documento que contén o programa, baixo o título "Os diccionarios galegos", asinado por Santamarina, dá a cifra de 10.943 voces.
  3. Antón Santamarina Los diccionarios gallegos y su versión electrónica en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, páxina 197.
  4. Antón Santamarina Norma e estándar en Henrique Monteagudo (ed). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, páxina 82.
  5. María Dolores Sánchez Palomino A postura de Cuveiro diante o diccionario e a lingua en Rosario Álvarez e Dolores Vilavedra (eds.) Cinguidos por unha arela común. Universidade de Santiago de Compostela, 1999, p. 946.
  6. María Xesús Bugarín e Begoña González Rei Achegamento aos diccionarios galegos do século XIX en Xosé Luís Regueira Da gramática ó diccionario: estudios de lingüística galega. Universidade de Santiago de Compostela, 2001, p. 56.

Véxase taménEditar