Abrir o menú principal

Seminario de Lingüística Informática

Seminario de Lingüística Informática

O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo adícase á investigación na área da lingüística computacional. Fundado por Xavier Gómez Guinovart, as liñas de investigación prioritarias do SLI céntranse no ámbito das tecnoloxías da lingua galega: procesamento de córpora textuais, aplicacións lexicográficas e terminolóxicas, análise lingüística automática, tradución automática, e correctores ortográficos e gramaticais.

Algúns dos principais recursos públicos desenvolvidos polo SLI son tradutores automáticos, correctores ortográficos en liña, dicionarios técnicos, corpus lingüísticos e ferramentas de análise lingüística en liña (véxanse as ligazóns externas para máis detalles).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar