Abrir o menú principal

Características e tiposEditar

Os dicionarios bilingües poden ser simples listas a dúas columnas ou produtos máis elaborados, coa marca da categoría gramatical das entradas e das palabras equivalentes, equivalencias de locucións, de fraseoloxía e mesmo cadros, gráficos e deseños. Normalmente fanse para relacionar as dúas linguas nos dous sentidos (bidireccionais), aínda que existen dicionario bilingües monodireccionais. As relacións sociolingüísticas entre as linguas comparadas poden servir coma motivación para a creación do dicionario (non esquezamos que normalmente son produtos comerciais): para relacionar dúas linguas cuxos falantes aínda están afastados entre si, outras cuxos usuarios comezan a manter intercambios socioeconómicos nos que se aprecian dificultades de intercomprensión, outras que teñen igual status legal e polo tanto deben ser respectadas polas entidades nacionais ou internacionais correspondentes (por exemplo a EFTA, a OTAN, a Unión Europea, a FAO, a UNESCO ou directamente a ONU) ou outras que manteñen unha relación de diglosia onde o dicionario serve para dignificar a lingua B.

Caso galego: Dicionarios bilingües galegos que non combinan co castelánEditar

Dicionarios bilingüesEditar

A abrumadora maioría de dicionarios bilingües que combinan o galego con outra lingua fano co castelán. Os poucos exemplos que son excepción deste panorama son:

Dicionarios multilingüesEditar

Guías de conversa e dicionarios básicosEditar

Por outra banda, hai tamén varios textos que permiten introducirse nas competencias comunicativas do galego, dos que os tres primeiros formando unha colección realizada por Edith Pazó e Fernando de Castro con ilustracións de Kiko da Silva e editados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia no ano 2007:

  •     Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Elkarrizketa gida galegoa - Guía de conversa en gallec. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4470-5 (135 páxinas)
  •     Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Galician conversation guide - Guía de conversación en gallego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4447-6 (135 páxinas)
  •     Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Guide de conversation en galicien - Sprachführer Galicisch. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4469-9 (135 páxinas)
  •   Juan de Dios Ramírez-Heredia, Juan (2001) Primeiro Manual de Conversación en Romanò-Kalò - Angluno pustik pa vakeripen romanò-kalo. Barcelona: Xunta de Galicia - DXPL & Unión Romaní - Unión del pueblo gitano. ISBN 84-931086-9-3 (63 páxinas, 4 de dicionario)
  •     Elvira de Moragas (coord.) & Dominic Currin & Valerie Collins & Anxo M. Lorenzo (1996) Diccionario ilustrado VOX inglés-español-gallego. Barcelona: Biblograf. ISBN 84-7153-666-8 (1105 páxinas en 6 volumes, 30 páxinas de dicionario bilingüe)

Dicionarios en procesoEditar

Existen noticias tamén de dous dicionarios en proceso de creación, inéditos (aínda que parece ser que poderían estar circulando versións dixitais) e actualmente[cando?] a un nivel de progreso descoñecido. As linguas que se combinan co galego son:

Dicionarios en liñaEditar

Coma casos excepcionais, hai especificamente seis dicionarios en liña:

ComparaciónEditar

Aínda que a cantidade de palabras non é sinónimo de calidade, a seguinte lista ordenada é indicativa da situación actual da lexicografía bilingüe en galego:

"Dicionario completo galego-inglés,inglés-galego", Servando Pérez Barreiro 110.000
"Dicionario trilingüe de Ir Indo" 66.000
Galizionario, multilingüe (a 19-04-2017) 49.827 varios
Diccionario trilingüe (unidireccional), de Villar Cameselle 30.000?    
Dicionario CLUVI inglés-galego (a data de setembro de 2008) 20.000  
Vocabulario temático ilustrado, de Galaxia 13.000      
Diccionario italiano-galego (unidireccional) < 10.383  
Galician-English dictionary, de Joe Vikin 8.000  
Diccionario elemental inglés-galego 3.000  
Vocabulario básico da lingua galega 2.600    
Diccionario tetralingüe da EOI de Santiago 2.484      
Vocabulario galego-valenciano 1.200  
Lenguas de la Península Ibérica 1.100        
       
     
www.galego.org 226    

Vocabularios técnicosEditar

Ademais, están outros dicionarios especializados, normalmente plurilingües, como poden ser por exemplo:

Estes textos poden ocupar un volume propio e enteiro ou ben introducirse dentro dunha revista con diferentes tipos de artigos, especialmente en revistas filolóxicas:

Para un listado máis completo, véxase aquí ou na base de datos de Bilega. Noutros textos pódense dar tamén indicacións sobre equivalencias, coma por exemplo en:

Edicións literarias bilingüesEditar

Por outra banda, existe literatura bilingüe, como se pode comprobar nesta selección. É ben coñecida por este aspecto a colección Clásicos do mundo froito dun convenio entre Editorial Galaxia e a Xunta de Galicia, que editou por exemplo Metamorfoses de Ovidio en galego e latín (ISBN 84-8288-775-0).

Dicionarios multilingües en liñaEditar

Para rematar quedan os léxicos multilingües que hai en internet, que relacionan moitas linguas, tanto en temas específicos (coma este para o xadrez) coma xerais ou mesmo de citas (era coñecida no ámbito das linguas románicas minorizadas a páxina de verba volant, agora situada en logosquotes e que conta tamén cun dicionario). Os catro últimos exemplos son produtores masivos de combinacións galegas con outras linguas de moi diverso tipo:

  • o Galizionario, pois permite navegar mediante ligazóns ata os seus equivalentes noutras linguas;
  • os traballos de documentación e proxectos da carreira de Tradución e Interpretación da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, publicados dispersos e ás veces en distintos departamentos;
  • no referente a textos técnicos, o CLUVI;
  • no referente a textos literarios, a biblioteca virtual de tradución ó galego da Asociación de Tradutores Galego (ATG);

NotasEditar

  1. "Características". Dicionario de Galego. 

Véxase taménEditar