Takekazu Asaka
Takekazu Asaka (en xaponés: 浅香武和), nado en Toquio en 1952,[1] é un lingüista e profesor xaponés de Filoloxía Románica da Universidade de Tsudajuku, Toquio. Traduciu ó xaponés obras de autores galegos como Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e Uxío Novoneyra, e elaborou a primeira gramática galega para nipóns. Defínese a si mesmo como "embaixador da cultura galega no Xapón".[2]
Takekazu Asaka | |
---|---|
Nacemento | 1952 |
Toquio | |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Kansai Gaidai University |
Ocupación | lingüista, profesor e tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tamén é o responsable de organizar en Toquio, e noutras cidades, ciclos de música e poesía galegas para celebrar o Día das Letras Galegas. Dende xuño de 2017, é académico correspondente da Real Academia Galega en recoñecemento do seu traballo.[3] O 27 de xullo de 2019, recibiu o Premio Ramón Cabanillas polo seu labor de divulgación da lingua e da literatura galegas.[4]
TraxectoriaEditar
Coñeceu Galicia por vez primeira en 1989 para participar no XIX Congreso Internacional de Filoloxía e Lingüística Románica, e dende que coñeceu a lingua e a cultura galegas converteuse no seu gran defensor.[5] É profesor en Toquio de gramática española e imparte cursos de lingua e cultura galegas. En 2002, traduciu ó xaponés Cantares gallegos, publicado por DTP Publishing. En 2014, traduciu ó xaponés Contos da miña terra, con prólogo de María do Carmo Ríos Panisse e un CD coa lectura do texto, editado por DTP Publishing.[6]
No ano 2017, publicou unha edición bilingüe de Os Eidos de Uxío Novoneyra.
ObraEditar
- Gramática do galego moderno (bilingüe xaponés-galego). (1993) Toquio: Daigakusyorin. (195 páxinas; ISBN 4-475-01807-2)
- Guía de conversación en galego (1994)
- Vocabulario básico da lingua galega. (1996) Toquio: Daigakusyorin. ISBN 4-475-01231-7. (As primeiras 122 páxinas son un índice galego-castelán-xaponés. Despois da 158 prosegue coas equivalencias castelán-galego e até o final do libro coas xaponés-galego. Na presentación afirma conter 2600 equivalencias)
- Cantares gallegos (traducido ó xaponés en 2002). DTP Publishing.
- Cantata a Ramón Cabanillas (2013)
- Contos da miña terra (traducido ó xaponés en 2014)
- Xograr Martín Codax (2015)
- Nova gramática do galego (2017)
- Os Eidos (edición bilingüe galego-xaponés en 2017)
- A rosa de cen follas (traducido ó xaponés en 2019)
NotasEditar
- ↑ "O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno Márquez". Real Academia Galega. 17 de xuño de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Veiga, Marta (5 de marzo de 2018). "Takekazu Asaka: "O son do castelán fáiseme moi duro; reláxame escoitar o galego con gheada"". Galiciaé. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Real Academia Galega, ed. (28 de xullo de 2017). ""Participar nos Cursos de lingua e cultura galegas cambiou a miña vida"". Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Real Academia Galega, ed. (26 de xullo de 2019). "Takekazu Asaka recibe o Premio Ramón Cabanillas". Consultado o 30 de xullo de 2019.
- ↑ "A cantata a Cabanillas (e a Galicia) de Takekazu Asaka, o brigadista que veu de moi lonxe". ProLingua. 17 de abril de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Asaka, Takekazu: "Contos da miña terra", con limiar de Angueira, A. e prólogo de Ríos Panisse, M. en Álvarez; Angueira; Rábade e Vilavedra (coords.) (2014). "Contos da miña terra". Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. pp. 994–1037.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Montero, Tamara (28/12/2018). "As Follas Novas do afastado Oriente". La Voz de Galicia.