Servando Pérez Barreiro
Servando Pérez Barreiro, nado en Cuspedriños (San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade) o 17 de febreiro de 1940 e finado na mesma parroquia o 1 de xaneiro de 2014[1], foi un lingüista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1940 ![]() Cuspedriños, España ![]() |
Morte | 1 de xaneiro de 2014 ![]() San Xurxo de Sacos, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filólogo ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarCatedrático de lingua inglesa, estudou nas universidades de Santiago de Compostela, Oviedo, Complutense de Madrid e Cambridge (Inglaterra). Exerceu de docente na Royal Liberty School de Romford (Londres) e nos institutos Severo Ochoa de Luarca, Ramón Cabanillas de Cambados e Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.
Fundou os centros de ensino de inglés The English Centre de Vilagarcía, The English Studio de Pontevedra e The London Centre das Pontes de García Rodríguez. Foi cofundador da APIGA (Asociación de Profesores de Inglés de Galicia) e colaborou con AEDEAN (Asociación de Profesores de Inglés a nivel nacional), impartindo conferencias sobre a metodoloxía do ensino do Inglés.
Asemade, foi tradutor do inglés ao galego de ensaios sobre Rosalía de Castro e participou no Padroado Rosalía de Castro.
O dicionario
editarDa súa autoría foi primeiramente en 2008 o Dicionario completo galego-inglés inglés-galego (Vigo: Ediciones Cardeñoso; ISBN 978-84-8190-524-3) ten 1.122 páxinas, con máis de 55.000 entradas en cada unha das linguas e especifica a etimoloxía das palabras que en galego e inglés teñen orixe común. En novembro de 2010 publicouse unha nova versión co título de Dicionario galego-inglés inglés galego con ISBN 978-84-8190-619-6 de 617 páxinas con arredor de 33.000 entradas por cada idioma (total 66.000)
Comprende a transcrición fonética internacional do inglés, sinónimos, explicacións gramaticais etc. Asemade, nalgúns casos facilítanse palabras en castelán (coa abreviatura: cast) para facer notar o contraste ou para axudar á comprensión.