Abrir o menú principal

Cuspedriños, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

(Redirixido desde "Cuspedriños")

Cuspedriños é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres), 14 menos ca en 2006.

Cuspedriños
CFCuspedriños.jpg
Campo da feira
ParroquiaSan Xurxo de Sacos
ConcelloCerdedo-Cotobade
Poboación88 hab. (2015)
Capela da Virxe do Carme.

O topónimo procede do latín CURROS PETRINEOS (curros de pedra). O lugar mantén o curro, no que ten lugar a rapa das bestas.

Neste lugar está o campo da Feira onde se celebraba a Feira de Cuspedriños. Dita feira rememórase desde o ano 2007, celebrándose o último domingo de maio. Xunto a el está a capela da Virxe do Carme, e no seu adro está a carballeira de Cuspedriños e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois.

Neste lugar naceu o lingüista Servando Pérez Barreiro.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar