Cutián, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade

Cutián é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 90 habitantes (45 homes e 45 mulleres), o que supón un descenso de 31 persoas respecto ó ano 2006. É o lugar máis habitado da parroquia.

Cutián
ParroquiaSan Xurxo de Sacos
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°30′50″N 8°31′56″O / 42.51381, -8.53215
Poboación90 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Neste lugar está o petróglifo da Roda do Barral, cunha combinación circular da idade de bronce.

Tamén está aquí o cruceiro de San Martiño. A tradición conta que no seu lugar había unha igrexa parroquial, que abarcaría zonas da actual parroquia de Fragas (Campo Lameiro), ou un pequeno mosteiro ou priorato. Daquela construción teríase aproveitado a pedra para a fachada da igrexa parroquial de Fragas.

Tamén se conta do cruceiro que pouco antes da guerra civil española uns nenos romperon xogando un brazal, e que foi reparado por Américo Iglesias, veciño do lugar. Durante a guerra loitou na fronte de Teruel, regresando ileso, e morreu xa de vello á beira do cruceiro.

Ademais dese, está o cruceiro de Barral, posiblemente do século XVII, a xulgar pola feitura e por unha inscrición case ilexible.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Xurxo de Sacos

editar
Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.