Abrir o menú principal

Isaac Xubín

escritor e tradutor galego

Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.

Isaac Xubín
Isaac Xubín.jpg
Nacemento9 de xullo de 1978
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónlingüista e profesor
XénerosPoesía, narrativa
EstudosFiloloxía Galega
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Viviu durante a súa infancia e mocidade en Espinosa de los Monteros, Astorga, Xixón, A Coruña e Pontevedra.[1]. Toma o seu nome literario da aldea de Xubín (Oleiros).

Estudou nos Salesianos da Coruña[2]e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras licenciarse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, viviu en Bilbao e Gasteiz para aprender éuscaro. Realizou diversas traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro.

Fixo un mestrado en Política lingüística e planificación da lingua galega e traballou como tradutor, profesor e investigador. Entre 2009 e 2012 foi lector de galego no Colexio Universitario de Cork. onde traballou baixo a dirección do poeta noiés Martín Veiga. No ano 2014 comezou a escribir a súa tese de doutoramento centrada nas relacións entre literatura e gastronomía.

Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En 2011 obtivo o premio Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu poemario Con gume de folla húmida.[3] Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe Temps Obert 11.1.[4] É membro das Redes Escarlata. A súa obra está profundamente marcada polas viaxes, as linguas, o deporte e a gastronomía, unhas realidades que se entretecen ao longo da súa produción e que axudan a caracterizar a súa obra (poética, narrativa e ensaística) como un macrotexto.

Como deportista afeccionado, xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra, no Bandon RFC e no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco"[5] e editou a revista pontevedresa O salmón oval en 2015. Tamén xogou ao fútbol gaélico, primeiro no Nemo Rangers de Cork, e máis tarde no Douglas GAA, amais da Selección Galega, coa que participou no encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.

É curmán do futbolista Javier Fernández Abruñedo.

ObrasEditar

 
Na presentación de A cadencia da fractura, con Fran Alonso, na Libraría Paz de Pontevedra.

PoesíaEditar

NarrativaEditar

EnsaioEditar

  • Dicionario galego-euskara hiztegia. (2011). Universidade de Vigo.

TraduciónsEditar

Obras colectivasEditar

  • Elementos de matemática. Premios 2002 de relato, poesía, teatro e tradución da Universidade de Vigo, Xerais, 2002.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora. En concreto publicou o poema "Danny Boy".
  • 8º 42'N 9º 6º W Lisboa. Premios 2004 de relato, poesía, teatro e tradución da Universidade de Vigo, Xerais, 2004.
  • Chateâu Bobcat. IX Certame literario de relatos curtos Os Viadutos, Xerais, 2009.
  • Le pied de Julien DuPuy. XII Certame literario de relatos curtos Os Viadutos, Xerais, 2011.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011.[9]* A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Ramón Nicolás (10 de outubro de 2016). "Cuestionario Proust. Isaac Xubín". www.cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 26/02/2019. 
  2. Manuel Vidal Villaverde (25 de outubro de 2010). "Isaac Xubín: “Non haberá normalización lingüística se non a hai social e cultural “". Galicia Hoxe. Consultado o 26/02/2019. 
  3. "Dodro: Isaac Xubín gaña o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" de poesía…". archive.is. 2012-07-08. Consultado o 2019-02-26. 
  4. Nicolás, Ramón (10/05/2014). "A mestra (poesía e vídeo), de Isaac Xubín". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 26/02/2019. 
  5. Blog "Melé a cinco", de Isaac Xubín
  6. "Ficha do libro". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-07. 
  7. "Cita libro". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-07. 
  8. "Os largos e longos campos de liño azul". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-07. 
  9. "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org. 2014-01-04. Consultado o 2019-02-26. 
  10. "Ficha do autor". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-07. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar