Selección de fútbol gaélico de Galicia

Selección galega de fútbol gaélico no encontro contra Bretaña no 2012.

A selección de fútbol gaélico de Galicia é o equipo de fútbol gaélico recoñecido pola Asociación Atlética Gaélica que representa a Galicia nos campionatos internacionais deste deporte.

A selección de fútbol gaélico é a primeira selección deportiva galega que compite de xeito oficial nun torneo internacional.[1]

Galicia - Bretaña de 2012.

HistoriaEditar

En xullo de 2012, da man de Siareiras Galegas, xogouse o primeiro partido da selección galega[2], nun encontro disputado en Narón contra a Selección Bretoa vencendo no primeiro partido entre dous combinados nacionais. En agosto de 2013 a Selección Galega devolveu a visita a Selección Bretoa con motivo do Festival Interceltico de Lorient, desta vez a selección caeu derrotada.

No 2015, as seleccións galegas masculina e feminina participaron no Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico nos Emiratos Árabes Unidos, a primeira edición desta competición da historia. A selección galega masculina proclamouse subcampioa do mundo.[3] A selección feminina chegaou ata as semifiniais e caeu ante Oriente Medio.

No campionato EuroGames 2018 (campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico) xogado en Lorient no mes de agosto [4], o equipo feminino acadou a primeira praza vencendo na final a Francia por 28 puntos a 24. A selección masculina acadou a segunda posición no campionato perdendo na final xogada tamén ante Francia (10-15).[5]

ResultadosEditar

Data Lugar Equipo Local Equipo Visitante Resultado Goleadores
20-07-2012 Narón, A Coruña   Galicia   Bretaña 5-8(23) - 3-8(17)​ Miragaya (2-0) Óscar Rodríguez (1-1) Carlos Seco (1-1) Isaac Xubín (1-0) Alberto Méndez (0-2) Julián Díaz (0-1) Pedro Alberte Aguado (0-1) Martín Fernández (0-1) Pablo Fuentes (0-1)
11-08-2013 Lorient, Bretaña   Galicia   Bretaña 3-12(18)​ - 1-8(11)
09-08-2014 A Estrada, Pontevedra   Galicia   Combinado Madrid 11-11(44) - 2-13(19)
04-10-2014 O Grove, Pontevedra   Galicia   Combinado Irlanda (25) - (30)
07-03-2015 Doha, Abu Zabi   Galicia   Suráfrica (9) - (2)
07-03-2015 Doha, Abu Zabi   Galicia   Arxentina (6) - (10)
07-03-2015 Doha, Abu Zabi   Galicia Oriente Medio (9) - (2)
08-03-2015 Doha, Abu Zabi   Galicia   Suráfrica (12) - (5)
08-03-2015 Doha, Abu Zabi   Galicia   Arxentina (4) - (7)
18-03-2017 Ourense   Galicia   Francia (17) - (50)

NotasEditar

  1. Pardo, Miguel (7 de marzo de 2015). "Galicia debuta con tres vitorias no Mundial de fútbol gaélico". Praza Pública. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  2. Asociación Galega de Fútbol Gaélico
  3. CRTVG (ed.). "Galicia, subcampioa do Mundo". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  4. "Le Festival Interceltique de Lorient est heureux d’accueillir l’Euro 2018 de Football Gaélique". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  5. Nova no Sermos Galiza

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar