Karmele Jaio Eiguren, nada en Vitoria o 19 de marzo de 1970, é unha xornalista e escritora vasca.

Infotaula de personaKarmele Jaio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , letrada , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkarmelejaio.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5264119 Facebook: karmele.jaio Twitter: karmelejaio Literaturaren Zubitegia: 672 Dialnet: 3356564 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en ciencias de información na Universidade do País Vasco e traballou no xornal Euskaldunon Egunkaria e mais no Gara. Publicou tamén columnas de opinión noutros xornais como o Diario de Noticias de Álava, Deia, Diario de Noticias de Gipuzkoa ou El País. É responsable de comunicación do Instituto Vasco da Muller, Emakunde.[1]

O primeiro libro que publicou, unha colección de relatos, foi Hamabost zauri en 2004. Nese ano gañou o premio Igartza, da editorial Elkar, coa novela Amaren eskuak que publicou en 2006 e que recibiu varios premios máis como o Beterriko Liburua en 2007, e que versionou ela mesma ao castelán co título de Las manos de mi madre publicado en 2008 pola editorial Ttarttalo. No ano 2013 Mireia Gabilondo dirixiu unha versión cinematográfica da novela.

En 2007 publicou outra colección de relatos, Zu bezain ahul e en 2009 a novela Musika airean. En Orain hilak ditugu (2015) recolleu o seu primeiro libro de poesía.

A Euskaltzaindia nomeouna académica correspondente o 17 de xullo de 2015.[2]

Obra editar

Coleccións de relatos editar

Novela editar

  • Amaren eskuak (2006, Elkar)[6]
  • Musika airean (2010, Elkar)
  • Aitaren etxea  (2019, Elkar). Traducida ao galego co título A casa do pai.[7]

Poesía editar

  • Orain hilak ditugu (2015, Elkar)[8]

Notas editar

  1. Mikel Asurmendi (7 de maio de 2010). "Karmele Jaio, idazlea: "Zoriontasuna azkenean uneak dira, ez gauza absolutua"". Euskonews. p. 531. 
  2. Berria, ed. (20 de xullo de 2015). "Sei euskaltzain urgazle gehiago ditu Euskaltzaindiak". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2016. 
  3. Karmele Jaio (2004). "Hamabost zauri". Elkar. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. 
  4. Karmele Jaio (2007). "Zu bezain ahul". Elkar. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  5. Karmele Jaio (2012). "Ez naiz ni". Elkar. 
  6. Karmele Jaio (2006). "Amaren eskuak". Elkar. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  7. "A casa do pai". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-10. 
  8. Karmele Jaio (2015). "Orain hilak ditugu". Elkar.