Euskaltzaindia
A Euskaltzaindia (en castelán: Real Academia de la Lengua Vasca, en francés: Académie de la Langue Basque) é unha institución cultural que ten como obxectivo velar pola lingua vasca, fundada no ano 1919, recoñecida desde 1976 polo Estado español[1], baixo a denominación de Real Academia. A Euskaltzaindia foi impulsada, do mesmo xeito que a Eusko Ikaskuntza, polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do éuscaro, así como o seu estudo filolóxico e etimolóxico.
Euskaltzaindia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | regulador lingüístico e base de datos ![]() | |||
Lingua oficial | lingua éuscara ![]() | |||
Personalidades | ||||
Presidente/a | Andres Urrutia (pt) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
Membro de
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1918 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Sede | Euskaltzaindia's headquarters (en) ![]() ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | euskaltzaindia.eus ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O seu emblema é un carballo, acompañado da lenda Ekin eta jarrai ("Empezar e seguir"). O número de académicos é 23.
Organización interna
editarDispón de varias comisións de traballo que se especializan en diferentes tarefas, estas comisións son as seguintes:
- Comisión de lexicografía, actualmente traballa nun Dicionario Xeral Vasco de carácter xeral e descritivo que integra contido histórico e de dialectos. E nun Dicionario Léxico Unificado que é normativo e só contempla o éuscaro batua ou éuscaro unificado.
- Comisión de gramática, desde 1980, encargada das bases da gramática do idioma vasco.
- Comisión para o atlas lingüístico, o seu traballo é realizar un mapa dialectolóxico para coñecer os dialectos que se falan nos diferentes puntos de Euskal Herria.
- Comisión onomástica, estuda aspectos máis teóricos e históricos deste idioma.
- Comisión de literatura, analiza a literatura popular así como a literatura máis intelectual do éuscaro.
- Comisión de lingua falada, encárgase de realizar un estudo sobre os usos orais da lingua.
Esta Academia ten a súa sede en Bilbao pero conta con delegacións en Baiona, Donostia, Pamplona e Vitoria.
Recoñecemento
editarOficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en España, con carácter de Real Academia, en 1976, un ano despois do final da ditadura de Francisco Franco. En Francia é aceptada como unha entidade de utilidade pública desde o ano 1995.