Euskaldunon Egunkaria

Euskaldunon Egunkaria foi dende 1990 e até o momento do seu peche por orde xudicial en 2003, o único xornal que se publicaba integramente en éuscaro. O seu único antecesor como tal foi o breve Eguna, entre xaneiro e xuño de 1937, editado polo Goberno Vasco en plena Guerra civil española e o seu sucesor como medio en éuscaro é Berria, publicado nos territorios de Euskal Herria.

Protesta contra o peche do xornal en 2009.

Historia e características editar

Editábase en Guipúscoa, e distribuíase nos territorios de lingua éuscara. Aínda que a súa liña editorial non tivese un rumbo político determinado, certos medios españois considerábano afín á esquerda nacionalista vasca, mesmo cando entre os seus redactores e colaboradores había unha gran diversidade ideolóxica.

O seu peche por resolución xudicial e as actuacións xudiciais posteriores estiveron rodeadas de polémica. Finalmente, o 12 de abril de 2010, 7 anos despois de ser clausurado, a Audiencia Nacional de España absolveu os 5 directivos do medio procesados por pertenza á organización ETA. Na sentenza figuraba o seguinte:

(...) el cierre del diario no tenía habilitación constitucional directa y carecía de una norma legal especial y expresa que la autorizara(...) tampoco se ha acreditado ni directa ni indirectamente que el periódico haya defendido los postulados de la banda terrorista, haya publicado un solo artículo a favor del terrorismo o de los terroristas ni que su línea editorial tuviese siquiera un sesgo político determinado (...)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar