Martín Veiga
Martín Veiga Alonso, nado en Noia en 1970, é un poeta, tradutor e crítico literario galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Noia, España |
Licensed (en) Universidade de Santiago de Compostela | |
Datos persoais | |
Educación | University College Cork - hispanismo Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Hispanismo e lingua galega |
Ocupación | poeta, crítico, tradutor, académico |
Empregador | University College Cork, mestre (1999–2005) |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork.[2]
Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies"[3] do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e tamén profesor de lingua española, director do citado centro de estudos galegos de Cork e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.[4]
Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.
É coeditor de Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies[5] publicando Espazos naturais, mobilidades textuais: novas perspectivas críticas sobre a obra de Xavier Queipo (2013)[6] e Text, Image, Archive: Galician Literature and the Visual Arts (2022), con David Miranda-Barreiro.
Gran parte da súa obra crítica, xunto á súa tese de doutoramento, estivo centrada na figura e obra de Antón Avilés de Taramancos.[7]
Obras
editarPoesía
editar- Tempo van de porcelana (1990). Noia: Casa de Cultura.
- As últimas ruínas (1994). Culleredo: Espiral Maior. 70 páxs. ISBN 9788488137265.
- Ollos de ámbar (2005). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Fundaxes (2006). Culleredo: Espiral Maior. 73 páxs. ISBN 9788496475441.
- Diario de Crosses Green (2016). Pontevedra: Kalandraka. 112 páxs. ISBN 978-84-16721-00-9. Ilustración e cuberta de María Maquieira. Foi traducida ao inglés[8] por Keith Payne: Diary of Crosses Green (2018).
- A ganancia e a perda (2020). Pontevedra: Faktoría K. 106 páxs. ISBN 9788416721603. Ilustracións de Rebeca Lar.[9]
- Alfaias na lama: Poesía selecta 1990-2020 / Jewels in the Mud: Selected Poems 1990-2020 (2020). Introdución e selección de Xosé María Álvarez Cáccamo e tradución ao inglés de Keith Payne. Small Stations Press. 220 páxs. ISBN 978-9543841127.
Ensaio
editar- Antón Avilés de Taramancos (2003). Silleda: Edicións Fervenza. 59 páxs. ISBN 9788493297701.
- Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos (2003). Santiago: Laiovento. 201 páxs. ISBN 978-84-8487-044-8.[10]
- Biografía sonora de Avilés de Taramancos (2009, con Ana Romaní e Rodrigo Romaní)
- Escribir na multitude: a obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (2014)
Inglés
editar- Reading Spanish and Latin American Literatures: New Directions in Research (2005). Con Nuala Finnegan.
- A Different Eden: Ecopoetry from Ireland and Galicia (2021). Con Keith Payne e Lorna Shaughnessy.
- Here and Beyond: Narratives of Travel and Mobility in Iberian Culture (2022). Con Helena Buffery, Sergi Mainer e David Miranda-Barreiro.
Edición
editar- Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos (2003). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-8302-946-6.[11]
Antoloxías e obras colectivas
editar- Para saír do século. Nova proposta poética (1997). Xerais.
- Poesía ultimísima (1997). Madrid: Libertarias.
- Muestra de la joven poesía gallega, en La flama en el espejo (1997). Praxis.
- A poesía contemporánea a partir de 1975. Antoloxía (1997). A Nosa Terra/AS-PG.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (1997). Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- Bestiario (1998). Edicións do Dragón.
- Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega (1999). Xerais.
- Milenio. Ultimísima poesía española (2000). Sial.
- Novas voces da poesía galega: recital (2000). Consello da Cultura Galega.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
Tese de doutoramento
editarTradución
editar- Ferrovías (2020) [Railtracks] de John Berger e Anne Michaels, con fotografías de Tereza Stehlíková. Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788412101881
- A nai sombra (2021) [The Shadow Mother] de Seán Virgo, ilustrada por Javier Serrano Pérez. Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788413431000.
- Catro cuartetos (2023) [Four Quartets] de T. S. Eliot. Pontevedra: Faktoría K. ISBN 9788419213341.
Premios
editar- Premio Domingo Antonio de Andrade.
- Premio Rosalía de Castro.
- Premio Xacobeo de Poesía.
- Gañador do II Premio Espiral Maior de Poesía no 1994, por As últimas ruínas.
- Premio Ramón Cabanillas de Tradución.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Fundaxes.[1]
- Esquio no 2005, por Ollos de ámbar.
- Pedrón de Honra en 2017.[12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "El coruñés Martín Veiga ganó la sexta edición del Fiz Vergara". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-03-11. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "Martín Veiga Alonso Portal del Hispanismo". hispanismo.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "UCC: Hispanic Studies: Irish Centre for Galician Studies". web.archive.org. 2008-06-20. Archived from the original on 20 de xuño de 2008. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ Unknown (2010-12-03). "POETAS SIGLO XXI - ANTOLOGIA MUNDIAL + 20.000 POETAS: Editor: Fernando Sabido Sánchez #Poesía : 2267.- MARTÍN VEIGA". POETAS SIGLO XXI - ANTOLOGIA MUNDIAL + 20.000 POETAS. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "- galicia21, issue E". galicia21journal.org. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ Diario, Nós (2014-06-06). "A revista Journal of Galician dedícalle un monográfico ao “planeta” literario de Xabier Queipo". Nós Diario. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "University College Cork". UCC (en inglés). Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "Diary of Crosses Green". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-28.
- ↑ Lecturafilia (2020-09-08). "«A ganancia e a perda» de Martín Veiga". Lecturafilia. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "Edicións Laiovento - RAICEIRAS E VENTO. A OBRA POÉTICA DE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS". laiovento.gal. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ Diario, Nós (2017-04-17). "A Fundación Rosalía e Martín Veiga, premios Pedrón de Ouro e de Honra 2017". Nós Diario. Consultado o 2023-04-06.