T. S. Eliot
Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Premio Nobel de Literatura 1948.
T. S. Eliot | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Thomas Stearns Eliot |
Nacemento | 26 de setembro de 1888 |
St. Louis, Missouri, Estados Unidos | |
Falecemento | 4 de xaneiro de 1965 (76 anos) |
Londres, Inglaterra | |
Causa | Enfisema pulmonar |
Soterrado | Church of Saint Michael |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Reino Unido |
Relixión | Unitarismo e anglocatolicismo |
Alma máter | Universidade de París, Universidade Harvard, Merton College, Milton Academy, Harvard College e Eliot House |
Ocupación | dramaturgo, poeta, ensaísta, crítico literario, social critic, escritor de contos, profesor universitario, guionista, letrista, escritor de literatura infantil, xornalista e crítico |
Pai | Henry Ware Eliot |
Nai | Charlotte Champe Stearns Eliot |
Cónxuxe | Vivienne Haigh-Wood Eliot e Valerie Eliot |
Irmáns | Henry Ware Eliot, Ada Eliot Sheffield, Marian Cushing Eliot, Margaret Dawes Eliot, Theodora Sterling Eliot e Charlotte Eliot |
Xéneros | poesía, dramaturxía |
Coñecido/a por | A terra baldía e Four Quartets |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Medalla Presidencial da Liberdade, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Emerson-Thoreau Medal, Laurence Olivier Award for Best New Musical, Tony Award for Best Original Score, Tony Award de Melhor Libreto de Musical, Oficial da Lexión de Honra, Pour le Mérite, Ordem de Mérito e Comendador das Artes e as Letras |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.
Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.
Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre F. H. Bradley e o seu "coñecemento e experiencia". Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.
En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, que acudiu como visitante a esa universidade, e este xúlgao o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña), pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñece tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.
Obras editar
Poesia editar
- 1917: Prufrock and Other Observations
- 1920: Poems
- 1922: A terra baldía (The Waste Land)
- 1925: The Hollow Men
- 1927-1954: Ariel poems, onde inclúese poema "The Journey of the Magi"
- 1930: Ash Wednesday
- 1931: Coriolan
- 1939: Old Possum's Book of Practical Cats
- 1939: "The Marching Song of the Pollicle Dogs" e "Billy M'Caw: The Remarkable Parrot", na obra común The Queen's Book of the Red Cross
- 1945: Four Quartets
Teatro editar
- 1926: Sweeney Agonistes, representada o 1934
- 1934: The Rock
- 1935: Murder in the Cathedral
- 1939: The Family Reunion
- 1949: The Cocktail Party
- 1954: The Confidential Clerk
- 1959: The Elder Statesman, representada o 1958
Non-ficción editar
- 1920: The Sacred Wood: Essays on Poetry and Criticism
- 1920: The Second-Order Mind
- 1920: Tradition and the individual talent
- 1924: Homage to John Dryden
- 1928: Shakespeare and the Stoicism of Seneca
- 1928: For Lancelot Andrewes
- 1929: Dante
- 1917-1932: Selected Essays
- 1933: The Use of Poetry and the Use of Criticism
- 1934: After Strange Gods (1934)
- 1934: Elizabethan Essays
- 1936: Essays Ancient and Modern
- 1940: The Idea of a Christian Society
- 1948: Notes Towards the Definition of Culture
- 1951: Poetry and Drama
- 1954: The Three Voices of Poetry
- 1957: On Poetry and Poets