A boca pobre (en irlandés: An Béal Bocht) é unha novela satírica de 1941 do escritor irlandés Brian O'Nolan (Flann O'Brien), publicada orixinalmente baixo o pseudónimo de "Myles na gCopaleen".[3] Está amplamente considerada como unha das mellores novelas en lingua irlandesa do século XX. En 2016 foi traducida ao galego por Isaac Xubín e publicada pola editorial Rinoceronte.

A boca pobre
Título orixinalAn Béal Bocht
Autor/aBrian O'Nolan
LinguaIrlandés
Xénero(s)Sátira e parodia
Editorial An Preas Náisiúnta
Galicia Rinoceronte[1]
Data de pub. 1941
Galicia 2016[2]
ISBNISBN 978-84-92866-76-2
TraduciónIsaac Xubín
editar datos en Wikidata ]

Contexto editar

O libro é unha parodia do xénero de autobiografías de escritores das Gaeltacht, tales como a autobiografía An tOileánach de Tomás Ó Criomhthain ou Peig de Peig Sayers, nas que se conta a súa vida, especialmente a última metade, como unha serie de desgrazas nas que boa parte da súa familia morre por mor de doenzas, afogamentos ou outros contratempos. Libros deste xénero formaron parte das lecturas obrigadas no sistema educativo irlandés para varias xeracións de irlandeses dende a independencia do país en 1921. O'Nolan era, de feito, un grande admirador de An tOileánach, que está considerada como a mellor obra do seu xénero, mais o crítico Declan Kiberd indica como a admiración de O'Nolan por un escritor tende a expresarse a modo de parodia do seu traballo.

A expresión irlandesa "poñer na boca podre" ("an béal bocht a chur ort" en irlandés) fai referencia a práctica de esaxerar a gravidade da situación persoal de cadaquén, especialmente a económica, para provocar simpatía, recibir caridade ou acadar a condonación dunha débeda.

Unha das figuras discursivas no libro é unha cita de An tOileánach de Ó Criomhthain: ...mar ná beidh ár leithéidí arís ann, "...nunca endexamais haberá ninguén coma eles"; e diversas variacións dela aparecen ao longo da obra de O'Nolan.[4]

Argumento editar

O protagonista da historia é Bónapárt Ó Cúnasa, habitante de Corca Dorcha, unha aldea dunha rexión remota do occidente de Irlanda onde sempre chove, todos viven na absoluta pobreza e falan gaélico. Trata da vida de Ó Cúnasa dende o seu propio nacemento. Nun momento da historia, os habitantes de Corca Dorcha reciben a visita de hordas de dublineses gaeilgeoirí (amantes da lingua irlandesa), pero acaban marchando da zona porque "a pobreza é demasiado pobre, a autenticidade demasiado auténtica e o gaelicismo demasiado gaélico".

Notas editar

  1. rinoceronte.gal (ed.). "A boca pobre". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  2. http://culturagalega.gal (ed.). "A boca pobre". Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  3. rinoceronte.gal (ed.). "Flann O'Brien". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  4. na gCopaleen 1992, p. 9 & passim

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • na gCopaleen, Myles (1992). Mercier Press, ed. An Béal Bocht. Cork. .

Ligazóns externas editar