Charles Lessner
Charles Lessner, nado en Londres o 8 de novembro de 1879 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1944, foi un enxeñeiro de minas inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1879 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 14 de maio de 1944 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro de minas ![]() |
Familia | |
Pai | Friedrich Leßner ![]() |
Traxectoria
editarFoi fillo de Friedrich Leßner, xastre membro da Liga dos Comunistas, que en 1848 participara na revolución alemá. Logo de pasar por prisión coñeceu a Karl Marx, quen apadriñou ao seu fillo Charles.
Despois de estudar a carreira de enxeñaría de minas, Charles Lessner foi a África a traballar. A comezos do século XX chegou a Galicia para traballar nas minas de estaño. En Vilagarcía de Arousa hospedouse na Fonda Porto, e casou con Josefina Porto Rey, a filla dos donos da fonda e irmá de Francisco Porto Rey, o 7 de agosto de 1909.
Deu clases de inglés, entre outros a Aquilino Iglesia Alvariño[1].
Está soterrado no cemiterio inglés de Rubiáns.
Notas
editar- ↑ Iglesia Alvariño, A. (1986): "Autobiografía poética", en Dorna. Revista Poética Galega nº 10, Universidade de Santiago de Compostela.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Luaña, S.: "El vilagarciano ahijado de Marx", artigo en La Voz de Galicia, 17 de marzo de 2013 (en castelán).