Filomena Dato
Filomena Dato Muruais, nada en Ourense en 1856 e finada na cidade da Coruña, o 27 de febreiro de 1926, foi unha escritora galega.
Filomena Dato | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1856 |
Ourense | |
Falecemento | 27 de febreiro de 1926 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pouco ou case nada se sabe da súa vida, e a meirande parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e/ ou cultural. Sabemos que colaborou con composicións poéticas en xornais como El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa ou o Album Literario. Sabemos, igualmente, que participou do movemento literario que iniciara Valentín Lamas Carvajal en Barbaña. En 1906, foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega.
Filomena Dato Muruais foi unha fervente feminista, en sintonía con Rosalía de Castro. De feito, estas dúas poetas son as mellores representantes da lírica feminista do século XIX, nun momento no que o machismo era a ideoloxía dominante non só entre a xente sen formación cultural, senón tamén entre a intelectualidade, posto que preguntas como se as mulleres tiñan alma, ou se tiñan conciencia e remorsos, ou se eran as portadoras do pecado por herdanza de Eva,... eran comúns nos debates sociais (e incluso filosóficos) desta altura. E é que a adversidade na que crearon escritoras como Filomena Dato Muruais, Rosalía de Castro ou Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero) dota aínda de maior valor a súa produción literaria.
Toda esta reivindicación feminista da que vimos falando está presente en Follatos (1891), o seu único libro en lingua galega.
Morreu cega aos 70 anos de idade.
RecoñecementoEditar
En 2018 foi proposta pola Universidade de Vigo para nomear un dos seus edificios.[1][2]
En 2019 convocouse o I Premio de Oratoria Filomena Dato.[3]
NotasEditar
- ↑ "Os edificios administrativos do campus terán nome de muller". DUVI. 5 de outubro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ "Exeria, Ernestina Otero e Filomena Dato xa dan nome a tres edificios da Universidade de Vigo". Praza Pública. 22 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ "LISÍSTRATA: Premio de Oratoria "Filomena Dato"". LISÍSTRATA. Consultado o 2019-06-11.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos. p. 76. ISBN 84-85311-96-5.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "DATO MURUAIS, Filomena". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 342.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 110.
- García Rodríguez, C.; Fontoira Surís, L. (2005). "Dato Muruais, Filomena". Gran Enciclopedia Galega. ISBN 84-87804-88-8.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 128–129. ISBN 978-84-8341-146-9.
- VVAA (2010-2011). "Dato Muruais, Filomena". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. p. 320.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filomena Dato |