Abrir o menú principal

Alberto García Ferreiro, nado en Ourense o 11 de marzo de 1860 e finado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1902, foi un xurista, escritor e xornalista galego.

Alberto García Ferreiro
Alberto García Ferreiro.jpg
En Extracto de Literatura n.º 5, 4/2/1893.
Nacemento11 de marzo de 1860
 Ourense
Falecemento9 de febreiro de 1902
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
InfluenciasManuel Curros Enríquez
EstudosDereito
Profesiónavogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense (1875) e fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse na súa cidade natal como avogado, onde foi famoso polas súas capacidades oratorias. Ao mesmo tempo escribiu literatura e fundou e dirixiu a revista La Pluma (1882) e o xornal La Semana, a ademais de facerse cargo da dirección dos últimos números de La Tertulia en decembro de 1883; foi redactor de El Derecho e creou e dirixiu La Defensa de Galicia (1893). Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela e foi nomeado delegado da Asociación Regionalista Gallega da que organizou a sección de Ourense. Impulsou a realización da estatua de Concepción Arenal en Ourense. Pasou os últimos anos da súa vida recluído en Santiago de Compostela.

Escribiu tamén unha obra de teatro, titulada Loitar pola Patria que foi estreada en Santiago de Compostela en 1879. Segundo os críticos Alberto García Ferreiro é un discípulo de Manuel Curros Enríquez, e ao igual que o seu mestre, foi progresista, liberal e anticlerical. Non dominaba ben o galego, mesturándoo co castelán e usando hiperenxebrismos. A súa obra máis destacada é Lenda de groria un poema épico sobre o ataque da frota inglesa de Francis Drake, que foi premiada en 1890 na Coruña polo Liceo Brigantino.

Na cidade da Coruña existe unha rúa co seu nome e o concello de Ourense colocou unha lápida conmemorativa na súa casa natal.

ObrasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar