Extracto de Literatura
Extracto de Literatura foi un semanario que se publicou en Pontevedra en 1893, aínda que o 5º número editouse en Santiago (de 4 de febreiro), sendo impreso na compostelá Imprenta de José M. Paredes.
Extracto de Literatura Semanario Dosimétrico Ylustrado | |
---|---|
A. I, número 1, 7-1-1893. | |
Nº de páxinas | 8, 12, 15 ou 16 (42 números) |
Fundación | 7 de xaneiro de 1893 |
Remata | 28 de outubro de 1893 |
Propietario | Enrique Labarta Pose |
Director | Enrique Labarta Pose |
Colaboradores | Alberto García Ferreiro, Emilio Álvarez Giménez, Heliodoro Fernández Gastañaduy etc. |
Tendencia | humorística |
Lingua | castelán |
Localidade | Pontevedra (41 números) Santiago de Compostela (1 nº) |
Impresión | Imp. de la Viuda de Madrigal (Pontevedra), 2 nos Imp. de A. Landín (Pontevedra), 29 nos Imp. de José M. Paredes (Santiago), 3 nos Descoñecido: 8 nos |
Periodicidade | semanal |
Prezo | 15 céntimos (número solto) |
Na rede | |
Arquivo gratuíto | prensahistorica.mcu.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Semanario dosimétrico ylustrado, apareceu o 7 de xaneiro de 1893. Foi fundado e dirixido por Enrique Labarta Pose, aínda que nos últimos números o director pasou a ser Torcuato Ulloa[1] e Xerardo Álvarez Limeses era o redactor xefe. Dedicada fundamentalmente á literatura, presentaba un ton humorístico con traballos de carácter xocoso de Alberto García Ferreiro, Emilio Álvarez Giménez e Heliodoro Fernández Gastañaduy. Tamén publicaba outro tipo de contidos nas seccións "Crónica de la semana", "Semblanzas" e nas publicacións de variedades. Entre os seus colaboradores estaban Ramón María del Valle-Inclán, Juan Barcia Caballero, Xoán Neira Cancela, Aureliano Pereira, Wenceslao Veiga, Juan Manuel Paz Novoa, Moisés González Besada, Xosé Pérez Ballesteros, Nicolás Taboada Fernández, Urbano González, Adolfo Mosquera, Heraclio Pérez Placer e Benigno López Sanmartín. Cesou a súa publicación en outubro dese ano.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 180–181. ISBN 84-8288-137-X.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Extracto de Literatura |
Bibliografía
editar- "Extracto de Literatura". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Extracto de Literatura". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.