Urbano González

pintor, escritor e xornalista galego

Urbano González Varela, nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1868 e finado na mesma cidade o 24 de abril de 1906, foi un pintor, escritor e xornalista galego.[1]

Modelo:BiografíaUrbano González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1868 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1906 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeCarmen García Arbuthnot Editar o valor en Wikidata
FillosCarmen González García Editar o valor en Wikidata
IrmánsPurificación González Varela Editar o valor en Wikidata
Sinatura

BUSC: gonzalez-varela-urbano-1868-1906

Traxectoria

editar

Fillo de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Pura González Varela, que en 1902 casou con Manuel Lugrís Freire. Iniciou os seus estudos en Santiago de Compostela. Emigrou sendo mozo a Cuba e estudou na Academia de Belas Artes San Jorge da Habana e na de Arquitectura de Nova York e en Madrid co pintor Casto Plasencia. Pertenceu á Cova Céltica, faladoiro de intelectuais galeguistas. Foi profesor das Escolas de Artes da Coruña e Santiago de Compostela. Foi académico, co número 58, da Academia de Belas Artes da Coruña. Pertenceu á primeira xunta directiva de La Voz de Galicia, do que foi o primeiro director de arte e redactor e colaborou en Revista Gallega, Eco de Galicia, El Noroeste, El Alcance, Extracto de Literatura e Pasatiempos. Obtivo o premio á mellor obra de teatro en verso en galego nos primeiros xogos florais celebrados en Tui o 24 de xullo de 1891 por "Amor e meiguería". Deixou un drama inédito titulado Contagio. Foi fundador e primeiro presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Morreu recluído nun sanatorio psiquiátrico.[2]

 
Cantares, 1888.

Como pintor foi iniciador das pinturas do teito do paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, que rematou José María Fenollera. Entre as súas obras pictóricas figuran "La primera labor", "Retrato de una vieja" (dedicado a Ovidio Murguía), "Vista de la catedral de Santiago", "Retrato del general García Reboredo", "Retrato yacente de Casto Plasencia" e "El viejo de la zanfona".

Obra bibliográfica

editar
  • Cantares, 1888, poemas en castelán.[3]
  • Amor e meiguería, 1891, comedia en galego nun acto en verso.
  • Ilustracións, en 1893, da reedición das Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira, canda Román Navarro.
  • Entre luces, 1900, Biblioteca de autores gallegos, contos en castelán.
  • Estudio sobre Gregorio Hernández, ensaio.
  • Contagio, drama, inédito.

Recoñecementos

editar

O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 2010.[4]

Galería de imaxes

editar
  1. "Necrología. Urbano González Varela". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (1): 12–14. 1906. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2022. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  2. La Noche, 3-3-1949, p. 1.
  3. Cantares en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  4. "Urbano González, Juan Cancelo y E. Merino entran en el callejero". El Ideal Gallego (en castelán). 8 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar