Juan Manuel Paz Novoa
Juan Manuel Paz Novoa, nado en Ourense o 4 de maio de 1839 e finado na mesma cidade o 26 de setembro de 1895, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1839 Ourense, España |
Morte | 26 de setembro de 1895 (56 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, xurista |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Paz Novoa (Juan Manuel), p.334) |
Traxectoria
editarAcadou o grao de bacharel en Filosofía, Dereito Civil e Canónico e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose máis tarde na Universidade Central de Madrid. Foi profesor de ensino medio en Bilbao, onde impartiu as materias de Economía Política e Dereito Mercantil. Conseguiu despois a cátedra destas materias en Ourense e tamén deu clases na Escola de Comercio de Ribadeo e da Coruña. Na Coruña exerceu como avogado, defendendo a Manuel Curros Enríquez no xuízo seguido contra el trala publicación de Aires da miña terra.
Militou no Partido Republicano Federal, formou parte da Xunta revolucionaria de Ourense en 1868, e foi capitán da Milicia Fuerza Ciudadana. Foi deputado (1873-1874) e gobernador civil de Pontevedra (1893). Foi o máximo inspirador da Lei de Redención de Foros de 1873 e participou na confección do Código civil como representante de Galicia.
Fundou e dirixiu o periódico ourensán El Correo de Galicia en 1872 e colaborou en El Orensano, La Nueva Galicia, El Heraldo Gallego, El Derecho e La Tertulia. Escribiu poemas que foron recollidos no Álbum de la Caridad e no álbum literario La aldea de Casdemiro (1876).
Foi correspondente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e membro da Real Academia da Historia e da de Xurisprudencia e Lexislación.
Obras
editar- Cartilla constitucional para uso de los niños que concurren a las escuelas de instrución primaria, 1870.
- Los foros en Galicia. Apuntes sobre la actual organización de la propiedad territorial en estas cuatro provincias y necesidad de su reforma, 1872.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Manuel Paz Novoa |
Bibliografía
editar- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. pp. 307–308. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 11 de novembro de 2013.