Moisés González Besada
avogado e xornalista galego
Moisés González Besada y Mein, nado en Tui en 1867 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1905, foi un avogado e xornalista galego.
Moisés González Besada | |
---|---|
Nacemento | 1867 |
Lugar de nacemento | Tui |
Falecemento | 7 de outubro de 1905 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista e avogado |
Pai | Basilio González Besada |
Irmáns | Augusto González Besada |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Fillo de Basilio González Besada e irmán de Augusto González Besada. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu Café con Gotas; despois colaborou en Extracto de Literatura e Galicia Humorística. Foi Secretario da Deputación Provincial dende 1895 e exerceu a avogacía en Pontevedra.