Augusto González Besada

avogado e político galego
(Redirección desde «Augusto González-Besada Mein»)

Augusto González Besada y Mein, nado en Tui o 24 de xuño de 1865 e finado en Madrid o 4 de xuño de 1919, foi un avogado e político galego. Foi ministro de Facenda, ministro de Gobernación e ministro de Fomento durante o reinado de Afonso XIII.

Infotaula de personaAugusto González Besada

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Augusto González-Besada y Mein Editar o valor en Wikidata
24 de xuño de 1865 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1919 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Facenda
22 de marzo de 1918 – 9 de novembro de 1918
← José de CaraltSantiago Alba Bonifaz →
Deputado no Congreso dos Deputados
31 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
← José Canalejas MéndezManuel González Hontoria (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Alcoi
Ministro de Facenda
14 de setembro de 1908 – 2 de outubro de 1909
← Cayetano Sánchez BustilloJuan Alvarado y del Saz (pt) Traducir →
Ministro de Fomento de España
25 de xaneiro de 1907 – 14 de setembro de 1908
← Francisco de Federico MartínezJosé Sánchez Guerra →
Ministro do Interior de España
27 de xaneiro de 1905 – 23 de xuño de 1905
← Francisco Javier González de Castejón y ElíoManuel García Prieto →
Ministro de Facenda
20 de xullo de 1903 – 5 de decembro de 1903
← Faustino Rodríguez-San PedroGuillermo de Osma Scull → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCarlos González Besada Editar o valor en Wikidata
PaiBasilio González Besada Editar o valor en Wikidata
IrmánsMoisés González Besada Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 35750 BNE: XX1292427

Traxectoria

editar

Augusto González Besada era membro dunha das familias máis poderosas de Pontevedra na que tanto o seu pai Basilio González Besada como os seus tíos Rafael e Sabino foron deputados provinciais e ademais este último foi gobernador civil en dúas ocasións e presidente da Deputación (1896-1898). Tras estudar o bacharelato en Pontevedra, continuou a súa formación na Universidade de Santiago onde estudou Dereito licenciándose en 1885 tras o cal afiliouse ao Colexio de Avogados de Pontevedra exercendo a avogacía tamén, con gran prestixio, en Madrid.

Membro do Partido Conservador comezou a súa carreira política como Gobernador civil de Pontevedra en 1895, despois obtivo acta de deputado no Congreso, polo distrito de Cambados, nas eleccións de 1899; escano que volveu obter nas eleccións de 1901, 1903 e 1905. Tras obter nos seguintes procesos electorais escanos polas circunscricións de Cádiz (1907), Almería (1910) e Alacant (1914), finalizou a súa carreira como deputado representando a Lugo ao obter a acta correspondente nas eleccións celebradas entre 1916 e 1919.

Tras ser, en 1902, subsecretario de Facenda foi nomeado, entre o 20 de xullo e o 5 de decembro de 1903, ministro de Facenda por Raimundo Fernández Villaverde converténdose no Ministro de Facenda máis novo da Restauración borbónica en España. Esta mesma carteira ministerial desempeñouna noutras dúas ocasións: entre o 14 de setembro de 1908 e o 21 de outubro de 1909 en senllos gabinetes Maura. Tamén foi ministro de Gobernación entre o 27 de xaneiro e o 23 de xuño de 1905 con Fernández Villaverde, e ministro de Fomento entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 14 de setembro de 1908 con Maura.

Ademais, actuou como un dos portavoces da oposición conservadora que rexeitou a lei de Substitución dos Consumos urdida por José Canalejas e Amós Salvador Rodrigáñez, e anunciou o bloqueo unha vez os conservadores volvesen ao goberno, como así ocorreu. Foi presidente do Congreso (1914), dos Consellos de Estado, Instrución Pública e Fomento e a Xunta Central de Colonización. En 1915, Maura propúxoo como membro da Real Academia Española. Tamén foi membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas, e da de Xurisprudencia chegou a ser presidente.

Entre os seus discursos político-literarios merece recordarse o que en 1905, sendo ministro da Gobernación, pronunciou en sesión solemne, con motivo do terceiro centenario do Quixote, baixo o título Apuntes de Sancho para gobernar la ínsula Barataria.

Asturias, que o nomeou fillo adoptivo, houbo de agradecerlle importantes consignacións que destinou para melloras en portos como os de Ribadesella, Villaviciosa e Xixón, así como para a repoboación dos ríos; pero, sobre todo, expresoulle o máximo recoñecemento polo decidido apoio que prestou á favorable resolución do proxecto dos chamados ferrocarrís estratéxicos. Do 2 ao 11 de agosto de 1911, en ocasión de desempeñar novamente a carteira de Fomento, realizou un longo percorrido por Asturias, onde visitou Sama de Langreo, Lena, Llanes, Ribeseya, Luarca e Vegadeo.

Foi presidente honorario da Exposición Rexional de 1909 xunto ao Marqués de Figueroa (Juan Armada). Como tal, o 28 de novembro de 1909 recibiu o título de fillo adoptivo de Santiago de Compostela de mans do alcalde accidental, Salvador Cabeza de León.

O 4 de xuño de 1919, tres días despois das eleccións xerais, González Besada faleceu. Substituíuno como deputado por Lugo o seu fillo Carlos González Besada. Ao ano seguinte, para honrar a súa memoria, Afonso XIII creou o condado de González-Besada, en favor da súa viúva.

Obras e colaboración en xornais

editar

Como xornalista colaborou con xornais e revistas da nosa terra como El País Gallego, El Libredón, Extracto de Literatura, Galicia, La Cruz de Santiago, La Revista ou no pontevedrés La Correspondencia Gallega.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Predecesor:
Faustino Rodríguez-San Pedro
Cayetano Sánchez Bustillo
José de Caralt
 Ministro de Facenda 
1903
1908 - 1909
1918
Sucesor:
Guillermo de Osma Scull
Juan Alvarado del Saz
Santiago Alba Bonifaz
Predecesor:
Francisco González de Castejón Elío
 Ministro de Gobernación 
1905
Sucesor:
Manuel García Prieto
Predecesor:
Francisco de Federico Martínez
 Ministro de Fomento 
1907 - 1908
Sucesor:
Rafael Gasset Chinchilla