Cayetano Sánchez Bustillo
Cayetano Sánchez Bustillo, nado en Llanes en 1839 e finado en Madrid o 14 de setembro de 1908, foi un avogado e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1839 Llanes, España |
Morte | 14 de setembro de 1908 (68/69 anos) Madrid, España |
Alcalde | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarCon quince anos comezou a traballar como oficial na Dirección Xeral do Ministerio de Facenda. Despois licenciouse en Dereito. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito de Caldas de Reis nas eleccións de 1876 e polo da Cañiza nas eleccións de 1879. Foi Ministro de Ultramar entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881. Nas eleccións de 1884 foi elixido deputado polo distrito de Villanueva de los Infantes (Cidade Real). En 1886 foi elixido senador pola provincia de Oviedo, mantendo o posto até 1896 cando foi nomeado senador vitalicio.
Foi requirido por Antonio Maura para ser ministro de Facenda nun dos seus gabinetes, ocupando a carteira entre o 23 de febreiro e o 14 de setembro de 1908.
Foi presidente do Banco de España (1890-1891), primeiro presidente do Banco Español de Crédito, presidente do Banco Hipotecario de España, Alcalde de Madrid[1] en 1890 e presidente da Compañía Arrendataria de Tabacos.
Predecesor: José Elduayen |
Ministro de Ultramar 1880 - 1881 |
Sucesor: Fernando León Castillo |
Predecesor: Andrés Mellado Fernández |
Alcalde de Madrid 1890 |
Sucesor: Narciso García Loygorri Rizo |
Predecesor: Guillermo de Osma Scull |
Ministro de Facenda 1908 |
Sucesor: Augusto González Besada |
Notas
editar- ↑ "Crónica Gráfica". Blanco y Negro: 15. 26 de setembro de 1908.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cayetano Sánchez Bustillo |
Outros artigos
Ligazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado