Andrés Mellado Fernández

político español

Andrés Mellado Fernández, nado en Málaga en 1846 e finado en Biarritz (Francia) o 30 de agosto de 1913, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII.

Modelo:BiografíaAndrés Mellado Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1846 Editar o valor en Wikidata
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1913 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Biarritz, Francia Editar o valor en Wikidata
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
1903 – 1905
← Juan de la Cierva PeñafielVicente Santamaría de Paredes (en) Traducir →
Gobernador Banco de España
1902 – 1902
← Pío Gullón IglesiasAntonio García Alix →
Alcalde de Madrid
1889 – 1890
← José Abascal y CarredanoCayetano Sánchez Bustillo →
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Mellado (Andrés), p.271) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4660636

Traxectoria

editar

Membro do Partido Liberal-Conservador, iniciou a súa carreira política en 1881 como deputado en representación de Porto Rico, repetindo o nomeamento do escano en 1884. Desde a seguinte lexislatura e até 1899 foi deputado pola provincia de Málaga, e en 1898 foi nomeado senador por Cuba.

En 1889 foi alcalde de Madrid,[1] e foi gobernador do Banco de España entre xuño e decembro de 1902. Durante o goberno presidido por Eugenio Montero Ríos, entre o 23 de xuño de 1903 e o 31 de outubro de 1905, foi nomeado ministro de Instrución Pública.

Como xornalista, dirixiu o periódico El Imparcial. Foi amais membro da Real Academia Española coa cadeira K dende o 5 de maio de 1912.

Vida persoal

editar

Casou na igrexa de Santo Ildefonso de Madrid coa luguesa Jesusa de La Portilla Cobián, irmá do gobernador militar de Lugo Leoncio de La Portilla. Non tiveron descendencia.[2]

  1. Cambronero, Carlos (1900). Rafael Álvarez Sereix, ed. "Cosas de antaño. El ayuntamiento de Madrid". Revista Contemporánea (117): 386–411. ISSN 0213-8654. 
  2. Milagros Bará (8 de agosto de 2021). "Andrés Mellado, pasión por Pontevedra y Galicia". Diario de Pontevedra. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08737-1. 

Ligazóns externas

editar